[26-08-2014] O Concello de Ames conta dende o pasado 12 de agosto con cinco novos peóns-xardineiros, que pasaron a formar parte da brigada municipal de obras. A posta en marcha deste proxecto foi posible grazas a liña de subvencións do programa de apoio á brigada de obras e servizos para o mantemento dos espazos públicos urbanos, rurais e de lecer. Ao Concello de Ames concedéronlle a contratación destes cinco peóns de xardinería durante sete meses e cunha xornada laboral do 75%. Na actualidade estas persoas están traballando no paseo fluvial de Lapido. Neste lugar están realizando traballos de desbroce e limpeza desta área.
Esta iniciativa enmárcase dentro da liña de subvencións para a contratación temporal por parte das Entidades Locais de persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras da RISGA. Tras realizar a correspondente solicitude desta axuda ao Concello de Ames concedéronlle unha contía económica para que poida contar con cinco peóns de xardinería durante sete meses e cunha xornada laboral do 75%.
Esta contratación foi posible grazas a liña de subvencións do programa de apoio á brigada de obras e servizos para o mantemento dos espazos públicos urbanos, rurais e de lecer. Estas cinco persoas formarán parte da brigada municipal de obras do Concello de Ames durante sete meses. O seu contrato comezou o pasado 12 de agosto e estenderase ata o 11 de marzo de 2015.
Na actualidade estas persoas están traballando no paseo fluvial de Lapido. Neste lugar están realizando traballos de desbroce e limpeza desta área. Durante os próximos meses desenvolverán tarefas propias de mantemento e coidado dos parques, xardíns e das zonas verdes do concello, que non requiran unha gran capacitación técnica e baixo a dirección do oficial de xardinería. Ademais, desenvolverán traballos de desbroce en varias zonas rurais do municipio.
Este programa ten un custo de 66.117,80 euros. A parte subvencionada ascende a 49.588,35 euros, que representa o 75% do total do custo. Esta subvención está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo “Adaptabilidade e Emprego”.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Empleo para trasplantar cinco vidas"
El Correo Gallego: "Ames contrata durante 7 meses a cinco persoas en situación de risco de exclusión social"