Pestanas principais

O Concello de Ames conmemorou o Día de Galicia nun acto que contou con música en directo e poesía

Sábado, 23 de xullo de 2016

[23-07-2016] O Concello de Ames conmemorou este venres, 22 de xullo, o Día de Galicia cun acto institucional no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Neste acto houbo música en directo, a cargo do grupo amesán Ascuas, e léronse varios poemas de autores galegos. Ademais, deuse lectura a un manifesto institucional apoiado polos grupos políticos que forman o goberno municipal (PSdeG, Contigo Pódese e BNG), así como por Ames Novo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, podes obter este manifesto.


O Concello de Ames realizou este venres, pola tarde, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, un acto sinxelo e moi emotivo grazas á música interpretada polo grupo amesán Ascuas e á lectura de poemas de autores e autoras como Filomena Fraga, Ramón Cabanillas e Rosalía de Castro. O acto comezou coa actuación do grupo de folk Ascuas que interpretou temas de varios grupos galegos.

De seguido, o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación, Isabel Vaquero, o concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Javier García, e maila voceira do grupo municipal Ames Novo, Pilar Candocia, leron o manifesto institucional apoiado polos grupos políticos que forman o goberno municipal (PSdeG, Contigo Pódese e BNG), así como por Ames Novo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, podes obter este manifesto.

Trala lectura de dito manifesto deuse paso á lectura de poemas. O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, abriu esta quenda coa lectura dun poema da poetisa amesá, Filomena Fraga. A continuación, dous veciños de Ames leron dous poemas de Ramón Cabanillas e de Rosalía de Castro. O acto finalizou coa música do grupo Ascuas, que para rematar interpretou o himno galego xunto a todos os veciños e veciñas que se achegaron ata o Pazo da Peregrina.

Premendo sobre a imaxe que está debaixo deste texto, pódese descargar a bandeira de Galicia co lema Ames sempre Galicia, co obxectivo de que os veciños e veciñas que o desexen a poidan imprimir e a coloquen nas súas fiestras e balcóns.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El alcalde lee el manifiesto del Día de Galicia en el pazo da Peregrina"