[18-10-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, colabora coa Asociación Española contra o Cancro (AECC), na conmemoración do Día mundial contra o cancro de mamá. O Concello de Ames colocou vinilos na entrada da Casa do Concello e nas Oficinas xerais do Milladoiro, coa imaxe da campaña deste ano que ten como lema “autoexplórate”. Asemade, durante este venres, repartiranse lazos na Casa do Concello e tamén se venderán a 3 euros pulseiras da AECC, entre aquelas persoas que desexen colaborar con esta causa.
Este xoves, 19 de outubro, conmemórase o Día mundial contra o cancro de mama. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, súmase á conmemoración colaborando coa AECC, na posta en marcha de varias iniciativas. Deste xeito, colocáronse vinilos na entrada da Casa do Concello e nas Oficinas xerais do Milladoiro, coa imaxe da campaña deste ano que ten como lema “autoexplórate”. A imaxe de dita campaña foi elaborada pola empresa Térteres.
Este ano o Concello de Ames con esta campaña aposta pola prevención. É importante previr e facer as probas que se aconsellan para tratar de detectar calquera alteración na saúde. Asemade, durante este venres, repartiranse lazos na Casa do Concello e tamén se venderán a 3 euros pulseiras da AECC, entre aquelas persoas que desexen colaborar con esta causa.
A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo destaca a importancia da colaboración do Concello nestas iniciativas: “Con estas pequenas accións queremos mostrar o noso apoio incondicional a todas esas mulleres, sen esquecernos tampouco dos homes, que loitaron, loitan ou loitarán con forza e positividade ante esta enfermidade.
“Temos que ter sempre presente que o cancro non discrimina e pode tocarlle a calquera. Temos que concienciarnos de que a prevención é fundamental e a nosa actitude cara a enfermidade ten moito que ver na súa superación. Sobre todo, é fundamental ter presente que neste proceso non se debe estar só, que hai asociacións como AECC que están a traballar para acompañar, axudar e sensibilizar”, incide Luísa Feijóo.



Contido relacionado

Lindeiros: "Ames conmemora o Día mundial contra o cancro de mama co lema “autoExplórate” "




