[05-06-2012] O alumnado de 2 a 3 anos da escola infantil do Bosque de Bertamiráns cambiou esta mañá a súa escola pola Aula da Natureza, situada na parroquia da Ameixenda. Os nenos e nenas acudiron en autobús ata o lugar no que se desenvolveron as actividades de recuperación ambiental. Alí plantaron varios castiñeiros que tiñan no xardín da gardería. A comezos de curso sementaron varias castañas que xermolaron e comezaron a medrar nestes últimos meses converténdose en pequenas árbores. Con esta actividade o Concello de Ames conmemora o Día Internacional do Medio Ambiente.

Agora esas castañas xa xermolaron e convertéronse en pequenos castiñeiros. Debido a iso era preciso replantalos nun lugar máis extenso como é a Aula da Natureza. Con esta actividade o Concello de Ames conmemora o Día Internacional do Medio Ambiente.
Pero ademais de levar a cabo esta iniciativa os nenos e nenas tamén participaron nunha merenda de gusanitos e zume de laranxa. As actividades de reforestación permiten que os nenos e nenas manteñan un contacto directo cos espazos naturais ao tempo que contribúen á súa conservación.
A concellaría de Medio Ambiente está promovendo unha serie de actividades dirixidas aos centros de ensino e ANPAS do concello co obxectivo de unir esforzos en materia de educación ambiental. Así, o Proxecto de Educación Ambiental do Concello de Ames márcase como obxectivo fomentar o coñecemento e a valoración do medio, así como colaborar na formación dunha conciencia crítica cos problemas ambientais.

Esta mañá os cativos de 2 a 3 anos da escola infantil O Bosque saíron das súas aulas para estar en contacto coa contorna natural. Os rapaces trasladáronse ata o lugar de Quintáns, na parroquia da Ameixenda, para colaborar na plantación de árbores autóctonas que se ven levando a cabo no concello de Ames dende que no verán de 2006 gran parte de Galicia foi asolagada polos incendios. Unha maneira fácil e directa de que os rapaces estean en contacto co medio ao mesmo tempo que contribúen á súa conservación.
A xornada comezou, ás 09:30 horas, momento no que saíron en autobús dende a escola. A especie elixida para esta plantación foi o castiñeiro. A coordinadora da Aula da Natureza acompañou os/as nenos/as nesta plantación e explicoulles a importancia de coidar a contorna natural. Os cativos e cativas fixeron unha plantación de castañas na horta da escola a comezos de curso.





