Pestanas principais

O Concello de Ames conmemora o día internacional da mascota sen fogar

Sábado, 17 de agosto de 2019

Cada ano o terceiro sábado de agosto celébrase o día dos animais sen fogar, trátase dun día destacado para recordar o gran número de mascotas que non teñen fogar á espera de ser adoptados. O Concello de Ames traballa co Refuxio de animais de Cambados para que preste o servizo de recollida de animais abandonados/perdidos. A esterilización e a tenza responsable son claves para erradicar o incremento dos animais sen fogar, polo que é importante que como posuidores das nosas mascotas procedamos a esterilizalas para evitar a superpoboación incontrolada, e tamén as teñamos identificadas mediante a implantación de microchip.

Con motivo do día internacional da mascota sen fogar o Concello de Ames lembra a importancia de ser responsables e coidar aos animais que temos ao noso cargo. O Concello de Ames traballa co Refuxio de animais de Cambados para que preste o servizo de recollida de animais abandonados/perdidos. Deste xeito, os animais que son atopados no termo municipal de Ames lévanse ao refuxio de Cambados, onde permanecen recibindo coidados axeitados ata que algunha familia decida adoptalos.

Os animais que son atopados na rúa e que están no refuxio de Cambados poden ser adoptados por calquera familia que queira facerse cargo dos seus coidados. Os animais que son susceptibles de ser adoptados pódense consultar na páxina web municipal, dentro do apartado de Medio Ambiente. Premendo nesta ligazón pódense ver estes animais.

Implantación do microchip
A esterilización e a tenza responsable son claves para erradicar o incremento dos animais sen fogar, polo que é importante que como posuidores das nosas mascotas procedamos a esterilizalas para evitar a superpoboación incontrolada, e tamén as teñamos identificadas mediante a implantación de microchip, xa que é un dispositivo obrigatorio que permite recuperar a nosa mascota en caso de perda e ten un custe aproximado duns 35 euros.

O Concello ten realizado campañas, en colaboración coas clínicas veterinarias do municipio, para fomentar a implantación de microchip nas mascotas. Tamén apostou por eliminar o sacrificio dos animais e apostando por establecer un sistema complementario de adopción con campañas de sensibilización. Ademais, o Concello de Ames está dando cumprimento a nova Lei de protección de animais domésticos de Galicia, que entrou en vigor no mes de xaneiro de 2018.

Ligazóns:

El Correo Gallego: "Ames chama a previr os abandonos e divulga fotos das mascotas a adoptar"

Aninais que están no Refuxio de animais de Cambados

Multimedia

  • Aninais que están no Refuxio de animais de Cambados
  • Aninais que están no Refuxio de animais de Cambados