Pestanas principais

O Concello de Ames conmemora este xoves, 28 de xuño, o Día Internacional do Orgullo LGTBQI

Mércores, 27 de xuño de 2018

[27-06-2018] Este xoves, 28 de xuño, o Concello de Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBQI con diferentes actividades. O acto, que se celebrará ás 12:00 horas, inclúe a colocación da bandeira do arco da vella no balcón da Casa do Concello, a lectura do manifesto, o reparto de material como chapas e mochilas, e a solta de globos para tinguir o ceo de Bertamiráns coas cores do arco da vella.

Desde este xoves, 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBQI, a bandeira do arco da vella ondeará no balcón do Concello de Ames. Ao acto está convidada toda a veciñanza do concello, así como as traballadoras e traballadores municipais e o resto de grupos políticos. A iniciativa tamén incluirá a lectura do manifesto, así como o reparto, entre as e os/as asistentes, de diferente material como chapas, mochilas . Asemade, este ano como novidade, realizarase unha solta de globos para tinguir o ceo de Bertamiráns coas cores do arco da vella.

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, incidiu en que “non podemos permitir que nunha sociedade avanzada e nos tempos en que estamos se sigan a producir casos de desigualdade, discriminación, acoso, bullyng e burla por mor da identidade sexual ou de xénero. Agora máis que nunca é necesario sacar a rúa a nosa repulsa e informar, sensibilizar, visibilizar a problemática a que se enfronta o colectivo LBGTQI para que non siga a ocorrer. E nesta loita debemos estar todos e todas. Todos e todas somos diferentes e somos iguais. Na diversidade está a riqueza”.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Día do Orgullo LGTBIQ para as bisbarras da Maía e Barcala"
Compostela 24 horas: "Ames conmemora el Día del Orgullo"