[28-01-2013] Os membros da Corporación amiense secundaron esta tarde a concentración convocada en repulsa contra a violencia tras a brutal agresión con líquido inflamable que sufriron na noite do domingo dúas mulleres nunha céntrica rúa de Bertamiráns.
A concentración realizouse no lugar onde ocorreron os feitos, á altura do número 24 da Avenida da Maía de Bertamiráns. O obxectivo deste acto, acordado nunha reunión mantida pola mañá, foi amosar o rexeitamento da Corporación amiense á violencia e manifestar a súa repulsa pola brutal agresión que sufriron as dúas mulleres.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "O Concello de Ames condena a brutal agresión con líquido inflamable que sufriron as dúas mulleres"
El Correo Gallego: "Concentración de condena convocada por el ayuntamiento"
La Voz de Galicia: "Concentración en apoyo a las mujeres quemadas en Ames"




