[19-12-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa dos casos de violencia machista que ocorreron esta pasada fin de semana nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela. Autoridades municipais e traballadores/as gardaron un minuto de silencio en repulsa destes novos actos de violencia machista nos que foron asasinadas dúas mozas de tan só 25 e 30 anos.
Os membros da corporación municipal e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ante os asasinatos acontecidos esta pasada fin de semana nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela e nos que mataron a dúas mozas de tan só 25 e 30 anos. A concentración, que tivo lugar en Bertamiráns e no Milladoiro, comezou cun minuto de silencio en lembranza destas mozas que foron vítimas deste lacra. Ademais, as persoas que participaron nesta concentración portaron camisetas da campaña Ames en Negro e carteis co lema “Non a violencia machista”.
O Concello de Ames pon a disposición de todas aquelas mulleres que precisen información sobre o maltrato, asesoramento xurídico e/ou acompañamento psicosocial o CIM de Ames (Centro de Información a Muller). Para elo poden achegarse ata os departamentos de Servizos Sociais ou chamar aos números de teléfono de atención dos Servizos Sociais de Bertamiráns, 981 890 964, e dos Servizos Sociais do Milladoiro, 981 535 941, ou directamente ao teléfono do CIM: 662371392 . Ademais, tamén poden recibir atención no 016, o Teléfono da Muller.