Pestanas principais

O Concello de Ames condena o caso de violencia de xénero rexistrado en Narón

Martes, 26 de xuño de 2012

[26-06-2012] O Concello amiense quere expresar a súa máis enérxica condena polo asasinato dunha moza de 28 anos ocorrido onte no municipio coruñés de Narón e que constitúe a a segunda morte por violencia de xénero este ano en Galicia.

O Concello, a través da Concellaría de Muller, traslada as súas condolencias aos familiares da víctima e expresa o seu rexeitamento á violencia.

A Concellaría lembra que tanto se eres víctima de maltrato como se coñeces un caso de violencia de xénero podes poñerte en contacto co teléfono gratuíto 016. Funciona as 24 horas do día e os 365 días do ano e non deixa rastro na dactura do teléfono. É absolutamente confidencial.

No 016 ofrécese atención profesional. Neste teléfono, informan de qué facer en caso de maltrato e, en caso de emerxencia, derivan directamente ao 112. As vítimas ou as personas que quieran denunciar un caso recibirán información sobre os recursos e os dereitos que teñen en materia de emprego, servizos sociais, axudas económicas, recursos de información, de asistencia e de acollida.