Pestanas principais

O Concello de Ames condena o acto de violencia machista rexistrado esta pasada fin de semana na cidade de Lugo

Luns, 11 de abril de 2016

[11-04-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, realizou esta mañá, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e diante das oficinas municipais do Milladoiro en repulsa do caso de violencia machista que ocorreu esta pasada fin de semana na cidade de Lugo. Autoridades municipais e traballadores/as gardaron un minuto de silencio en repulsa deste novo acto de violencia machista.

Os membros da corporación municipal e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ao asasinato machista dunha muller na cidade de Lugo. A concentración, que tivo lugar en Bertamiráns e no Milladoiro, comezou cun minuto de silencio en lembranza desta muller que foi vítima deste lacra. Ademais, as persoas que participaron nesta concentración portaron un cartel co lema “Non a violencia machista”.

O Concello de Ames pon a disposición de todas aquelas mulleres que precisen información sobre o maltrato teléfonos de atención dos Servizos Sociais de Bertamiráns, 981 890 964, e dos Servizos Sociais do Milladoiro, 981 535 941. Ademais, tamén poden recibir atención no 016, o Teléfono da Muller.