Pestanas principais

O Concello de Ames condena o acto de violencia de xénero rexistrado en Pazos de Borbén e que acabou coa vida dunha muller

Xoves, 31 de xullo de 2014

[31-07-2014] Os membros da Corporación amiense e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ao acto de violencia de xénero ocorrido o martes pasado, 29 de xullo, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén e que acabou coa vida dunha muller. Diante da casa consistorial, en Bertamiráns, os asistentes á concentración gardaron un minuto de silencio en sinal de condena ao acto de violencia de xénero e en lembranza da vítima.

Deste xeito, o Concello de Ames sumouse ás diferentes concentracións que se realizaron para condenar o acto de violencia de xénero. Os feitos ocorreron o martes, 29 de xullo, no municipio de Pazos de Borbén. Este acto de violencia de xénero custoulle a vida a Sara Fernández Camiña, de 81 anos de idade.

Dende o Concello de Ames maniféstase a máis firme repulsa ante este último acto de violencia de xénero. A concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, e os concelleiros e concelleiras da corporación municipal Pilar Candocia, Isabel González, Francisco Villaverde, José Blas García, e Manuel Ferreiro participaron nunha concentración contra este acto de violencia de xénero na que se gardou un minuto de silencio en recordo de Sara Fernández. Nesta concentración tamén participaron varios traballadores municipais.