[26-08-2014] Os membros da Corporación amiense e os traballadores do Concello de Ames mostraron esta mañá a súa repulsa ao acto de violencia de xénero ocorrido o luns pasado, 25 de agosto, no concello de Barro e que acabou coa vida dunha muller. Diante da casa consistorial, en Bertamiráns, os asistentes á concentración gardaron un minuto de silencio en sinal de condena ao acto de violencia de xénero e en lembranza da vítima.
Deste xeito, o Concello de Ames sumouse ás diferentes concentracións que se realizaron para condenar o acto de violencia de xénero. Os feitos ocorreron o luns, 25 de agosto, no municipio de Barro. Este acto de violencia de xénero custoulle a vida a Mónica Lorenzo López, de 38 anos de idade.
Dende o Concello de Ames maniféstase a máis firme repulsa ante este último acto de violencia de xénero. O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Benestar Social, María Eugenia Martín, e outros membros da corporación municipal participaron nunha concentración contra este acto de violencia de xénero na que se gardou un minuto de silencio en recordo de Mónica Lorenzo. Nesta concentración tamén participaron varios traballadores municipais.




