Pestanas principais

O Concello de Ames concede a licenza de posta en marcha e funcionamento da primeira fase do centro comercial Novo Milladoiro

Sábado, 18 de agosto de 2012

[18-08-2012] O Goberno amiense vén de conceder a licenza da posta en marcha e funcionamento da primeira fase do centro comercial Novo Milladoiro. A próxima apertura deste centro comercial contribuirá á dinamización da zona da Travesía do Porto e permitirá a urbanización de parte do entorno no que se sitúa.

Esta urbanización da Travesía do Porto verase completada nun breve espazo de tempo cos traballos de acondicionamento da vía, que se levarán a cabo a través dun convenio alcanzado coa Deputación da Coruña. Este investimento permitirá recuperar o firme da travesía, así como a instalación de semáforos e de sinalización.

Con estes traballos, o Goberno amiense consegue desbloquear unha cuestión urbanística enquistada desde hai máis de dez anos. O obxectivo destas obras é mellorar o estado e a seguridade dunha das avenidas máis importantes do Milladoiro, e que conta nas inmediacións cun centro educativo e cun novo centro comercial. Ademais, nesta zona de expansión do Milladoiro, estase construíndo o instituto e tamén se atopa a parcela sobre a que se están dando os pasos necesarios para dotar a este núcleo de poboación dun novo centro educativo. Os traballos na Travesía do Porto permitirán mellorar a seguridade dos vehículos e peóns que cada día transitan por esta zona.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames concede licencia de actividad al proyecto comercial de Novo Milladoiro"
El Correo Gallego: "Trabajo para 35 personas desde el día 13 con Mercadona-O Milladoiro"