[04-07-2014] O Concello de Ames comezou a limpar e acondicionar a contorna da Ponte Maceira. Estes traballos non se puideron executar antes debido a que tivemos un inverno moi chuvioso e durante os meses de primavera as precipitacións tamén foron abundantes. Unha vez deixou de chover e baixou o caudal do río Tambre os membros da brigada medio ambiental comezaron a limpar e desbrozar a maleza que hai nas marxes do río. O goberno municipal mantivo diversas xuntanzas coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza, para seguir as directrices marcadas por estes organismos nos traballos que se están realizando. Tamén se lle solicitaron os permisos correspondentes a Augas de Galicia. Ademais, o Concello de Ames solicitou unha xuntanza coa directora xeral do Patrimonio Cultural para poder realizar diferentes traballos na ponte romana da Ponte Maceira.
Melloras feitas na Ponte Maceira
Cómpre destacar que nos dous últimos anos realizáronse varias melloras neste lugar como foron a colocación de pedras no paseo; a limpeza e desbroce de vexetación; a instalación dun novo sistema de iluminación na ponte romana da Ponte Maceira, e outra actuacións que o Concello de Ames realiza periodicamente na contorna da Ponte Maceira.
Os traballos de instalación do novo sistema de iluminación, que se realizaron en setembro de 2013, consistiron na reposición de 10 balizas empotrables, colocadas na ponte e que se acenden todas as noites. Os operarios da brigada de obras do Concello de Ames encargáronse da colocación dos soportes das lámpadas, das bombillas de baixo consumo e do protector de aceiro inoxidable. En total, investíronse nestes traballos máis de 1.500 euros.
Esta semana comezaron os traballos para acondicionar a contorna da Ponte Maceira. Este ano houbo que agardar ata o mes de xullo para poder executar estes traballos debido a que tivemos un inverno moi chuvioso e durante os meses de primavera tamén abundaron as precipitacións. Ademais, este ano o río Tambre tiña moito caudal polo que houbo que agardar a que baixara o nivel da auga para poder realizar esta actuación.
Estes traballos están sendo realizados polos membros da brigada medio ambiental do Concello de Ames. Durante estes días estiveron limpando as malas herbas que naceron nas beiras das beirarrúas e da ponte romana da Ponte Maceira. Ademais, comezaron a desbrozar a maleza que hai na marxe do río Tambre que pertence ao concello de Ames. Estes labores de desbroce continuarán ao longo da vindeira semana. Os operarios municipais conservaron a vexetación autóctona e a flora propia das ribeiras fluviais.
O Concello de Ames realiza todos os anos unha actuación na contorna da Ponte Maceira que engloba a limpeza e acondicionamento desta zona para que estea en perfectas condicións, xa que son moitas as persoas que se achegan ata este lugar para contemplar a beleza do río Tambre. Ademais, durante o verán moitos camiñantes fan o camiño que discorre entre Santiago de Compostela e Fisterra, e que pasa por Ponte Maceira. Cómpre destacar que esta non é unha zona de baño, xa que existe un coto de pesca neste lugar.
Esta actuación realízase tendo en contra as directrices marcadas por Augas de Galicia, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Deste xeito, o goberno municipal mantivo varias xuntanzas con estes organismos da administración autonómica. Ademais, o Concello de Ames solicitou unha xuntanza coa directora xeral do Patrimonio Cultural para poder realizar diferentes traballos na ponte romana da Ponte Maceira.
Contido relacionado

El Correo Gallego "Comezaron os traballos de limpeza e acondicionamento de Ponte Maceira"
La Voz de Galicia: "La brigada ambiental de Ames acondiciona el área de Ponte Maceira"




