Pestanas principais

O Concello de Ames colaborará con 41.000 euros co Bertamiráns FC e co Milladoiro SD

Xoves, 02 de novembro de 2023

O Concello de Ames realizará unha achega de máis de 40.000 euros para que os clubs Bertamiráns FC e Milladoiro SD poidan financiar os gastos realizados na tempada 2022-2023 relativos a trámites federativos correspondentes á tempada, arbitraxes, transporte, mutualidades e seguros, material deportivo e funxible e voluntarios.

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, asinaron o convenio regulador da subvención cos presidentes José Budiño (Bertamiráns FC) e José Manuel Dacosta (Milladoiro SD). Ambos clubs imparten formación deportiva a máis de 650 cativos distribuídos entre distintas categorías e modalidades, contan con equipos sénior de fútbol 11 e realizan actividades formativas e de lecer como son os distintos campus de fútbol de verán.

García e Señorís destacaron a gran labor que os dous clubs realizan dentro do concello de Ames, polo valor que aportan e pola gran función que realizan promovendo valores como a práctica do deporte.

O alcalde destaca que  o Bertamiráns FC e o Milladoiro SD aportan “un gran valor ao concello de Ames coa promoción o deporte e a oferta de opcións lúdicas saudables, é obrigado pola nosa parte facilitar a súa labor”, mentres que a a concelleira de Deportes loa o compromiso dos clubs  “coa promoción dun estilo de vida activo e saudable mediante a realización da actividade deportiva”.

Novas relacionadas:

Enfoques: "El Concello de Ames apoya con 40.000 euros a Bertamiráns FC y Milladoiro SD"

O Concello de Ames colaborará con 31.000 euros co Bertamiráns FC e co Milladoiro SD

Multimedia

  • Imaxe da sinatura co presidente do Bertamiráns FC
  • Imaxe da sinatura co presidente do Milladoiro SD