Pestanas principais

O Concello de Ames colabora no novo videoclip do grupo compostelán Lumedoloop, Fíos de Cor, antes de lanzar o seu álbum debut

Luns, 16 de febreiro de 2026

O grupo compostelán Lumedoloop, formado por Jamas e Mou, fundadores de Dios Ke Te Crew e referentes do hip hop do país, e DJ Mil, un dos DJs máis recoñecidos da escena urbana galega, veñen de presentar o seu novo videoclip Fíos de Cor, previo ao lanzamento do su álbum debut (Re)existencia. O Concello de Ames colaborou neste traballo ao ceder a nave de obras de Lapido para a gravación da parte audiovisual da peza. Premendo nesta ligazón pódese ver o videoclip de Fíos de Cor, na canle de Youtube de Lumedoloop.

O grupo compostelán Lumedoloop lanzou o pasado venres 13 de febreiro o seu derradeiro sinxelo Fíos de Cor antes de sacar á luz o primeiro álbum do grupo formado polos membros fundadores de DKTC, Møu e Jamas, e o recoñecido DJ Mil. O videoclip está dirixido por Bastian Rodríguez e producido por Seispés Producións Creativas, Kachet, Elmembrillo Studio e Lumedoloop.

Este tema, no que participa a artista galego-suíza Nastasia Zürcher, é o núcleo emocional e simbólico do disco (Re)existencia que sairá á luz o vindeiro venres 20 de febreiro. Un traballo que xoga co verbo “existir” e onde o paréntese (Re) actúa como interruptor conceptual que activa tres dimensións entrelazadas: resistencia, reexistencia e existencia. 

A presentación do disco foi collendo forma nos últimos meses coa publicación de catro adiantos que estarán incluídos no LP: Rico de Sabor, que fala de resistir economicamente; Rap Cru, que proclama a necesidade de renacer creativamente desde a autenticidade; Non Traio Un Laio, que constitúe un manifesto musical contra a submisión lingüística; e Involución, dispoñible en pre-garda, e que se formula como un manifesto sobre a regresión civilizadora que caracteriza o noso tempo. 

En Fíos de Cor, o hip hop convértese nunha ferramenta de introspección e coidado e a música adquire o vocabulario do folclore galego e despraza ese imaxinario cara ao territorio da psique contemporánea. Tanto Jamas como Møu escriben e rapean dende un espazo ambiguo onde o sobrenatural funciona como metáfora. A letra é un relato de protección, aceptación e aprendizaxe. 

No centro da peza, a voz de Nastasia Zürcher irrompe como eixo emocional, tecendo un retrouso que formula a clave de todo o proceso: as verdadeiras sobras habitan o “espello interior”, sendo o amor o que pode “tecer na luz fíos de cor”.

O Concello de Ames colaborou neste traballo facilitando, como noutras ocasións, as instalacións da nave de obras, situada en Lapido, para a rodaxe e desenvolvemento de todo o proceso audiovisual deste videoclip. Dita nave ten as portas abertas para todos os proxectos e propostas audiovisuais.

O Concello de Ames colabora no novo videoclip do grupo compostelán Lumedoloop, Fíos de Cor, antes de lanzar o seu álbum debut

Multimedia

  • O Concello de Ames colabora no novo videoclip do grupo compostelán Lumedoloop, Fíos de Cor, antes de lanzar o seu álbum debut