Pestanas principais

O Concello de Ames colabora coa entidade AVESANTI na organización do taller “Coñece os teus dereitos laborais”

Mércores, 12 de xuño de 2019

O Concello de Ames colabora coa Asociación socio-cultural de venezolanos en Santiago na realización do taller “Coñece os teus dereitos laborais”. Esta actividade impartirase este venres, 14 de xuño, de 11.00 a 13.00 horas, no  centro cultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, Santiago de Compostela), por parte dos técnicos do Concello de Ames; Jorge Couñago, axente de emprego local, e Leonardo pena, mediador social intercultural. Asesorarase aos participantes sobre a busca de traballo e os dereitos dos empregados.

A asociación de venezolanos en Santiago (AVESANTI) é unha entidade socio-cultural cuxo obxectivo xeral é orientar, asistir e servir de punto de encontro do colectivo venezolano localizado en Santiago de Compostela e comarca, facilitando o seu desenvolvemento e integración á sociedade e cultura galega. Dende esta asociación trátase de achegar orientación primaria en temas de documentación, vivenda, educación, sanidade, laboral, etc... Ademais, desenvolve actividades que evoquen e manteñan os costumes, historia e cultura venezolana, así como tratan de facilitar a integración de persoas con maior risco de exclusión social dentro do colectivo venezolano.

Deste xeito, o Concello de Ames colabora con esta entidade na realización do taller “Coñece os teus dereitos laborais”. Esta actividade impartirase este venres, 14 de xuño, de 11.00 a 13.00 horas, no  centro cultural do Ensanche, situado na rúa Frei Rosendo Salvado, número 14- 16, en Santiago de Compostela. Os poñentes serán os técnicos do Concello de Ames: Jorge Couñago, axente de emprego local, e Leonardo Pena, mediador social intercultural.

Asesorarase aos participantes sobre a busca de traballo e os dereitos laborais dos/as traballadores/as. Tamén se lles dará información sobre a que institución hai que chamar en caso de despido inxustificado; a porcentaxe de desconto da seguridade social; que cousas é necesario saber no momento de asinar un contrato; e dos dereitos dos empregados en xeral.

Ligazóns:

Compostela 24 horas: "O Concello de Ames colabora coa entidade AVESANTI na organización do taller Coñece os teus dereitos laborais"

Cartel do taller “Coñece os teus dereitos laborais”

Multimedia

  • Cartel do taller “Coñece os teus dereitos laborais”