Pestanas principais

O Concello de Ames colabora coa celebración do Magosto organizado por XEA

Xoves, 04 de novembro de 2021

O Magosto celebrarase este venres 5 de novembro na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A festa popular dará comezo ás 17:00 cun taller de Batucada e prosegue ás 18:30 cun concerto da Banda de Nash. Ao longo da tarde vanse repartir, tamén, 50 quilos de castañas asadas entre todos/as os/as asistentes. O presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Jorge López”, quixo “animar a toda a veciñanza a participar no magosto” e “a gozar do ambiente festivo”.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, colabora coa Xuntanza de Empresarios de Ames na organización deste primeiro Magosto. A celebración popular busca “dinamizar a rúa e potenciar o ambiente festivo no Milladoiro” en palabras do presidente de XEA, Jorge López. Esta é a primeira actividade que organizan dende XEA logo da eliminación das restricións pola COVID-19, polo que, López quixo “animar a toda a veciñanza a acudir a esta celebración, desfrutar deste froito tan típico do outono galego, da música e das actividades programadas, así como a visitar o comercio local”.

O Magosto vai ter lugar o venres 5 de novembro na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Ao longo de toda a tarde un castañeiro vai asar na súa locomotora 50 quilos de castañas. Este saboroso froito de outono vaise repartir entre todos os asistentes.

Á degustación popular súmase un taller de batucada e o concerto da Banda de  Nash. A celebración dará comezo ás 17:00 horas cun taller de Batucada. O obradoiro está destinado a que a rapazada amesá aprenda a tocar surdos, caixas ou repiniques. O taller culminará cun desfile do grupo de batucada “A Percutería” pola praza de Manuel Murguía.

A continuación, a Banda de Nash vai animar aos asistentes coas súas versións do mellor poo rock nacional e internacional. Os asistentes poderán bailar e cantar temas de The Beatles, The Polices ou dos Rolling Stones mentres saborean as castañas asadas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, manifestou “dende a Concellaría de Promoción Económica colaboramos con todas as iniciativas que favorezan a dinamización das nosas rúas”. E engadiu “agradecer a XEA todo o traballo que están facendo para potenciar e promocionar o comercio local”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "XEA leva o seu magosto con música e taller de batucada ata Milladoiro"

O Concello de Ames colabora coa celebración do Magosto organizado por XEA

Multimedia

  • O Concello de Ames colabora coa celebración do Magosto organizado por XEA