Pestanas principais

O Concello de Ames colabora coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí traendo a catro nenos/as a través do programa Vacacións en Paz

Mércores, 30 de abril de 2014

[30-04-2014] O Concello de Ames colabora un ano máis co programa Vacacións en paz, que leva a cabo a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). A través deste programa as familias de Ames poden acoller durante os meses do verán a nenos e nenas saharauís que viven unha situación moi difícil nos campamentos de refuxiados de Tindouf, en Alxeria. Ata o de agora o Concello de Ames traerá a catro nenos/as saharauís que pasarán as vacacións con familias do noso concello, pero hai un quinto neno/a que aínda non conta cunha familia de acollida. As persoas interesadas en acoller un neno/a saharauí durante os meses estivais deben poñerse en contacto co Concello de Ames chamando ao número de teléfono 662 371 079 ou coa portavoz na zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45.

O Concello de Ames colabora un ano máis co programa Vacacións en paz, que leva a cabo a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Este programa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos nenos e nenas saharauís. Trátase de ofrecerlles a estes cativos, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa, a súa formación.

Dende a concellaría de Benestar Social están desenvolvendo unha campaña de información para que as familias amiense se adhiran ao programa Vacacións en Paz. As persoas interesadas en acoller un neno/a saharauí durante os meses estivais deben poñerse en contacto co Concello de Ames chamando ao número de teléfono 662 371 079 ou coa portavoz na zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45.

A Concellaría de Benestar Social é a encargada de organizar o programa de Vacacións en paz en Ames. Este departamento informa ás persoas interesadas, tramita as solicitudes e asegura unha estadía agradable dos nenos/as no noso Concello. O Concello actúa de mediador entre as familias amienses e esta asociación para xestionar a estadía dos nenos/as saharauís en Ames. A Administración local encárgase de pagar o billete de avión (ida e volta) de cada neno/a.

Ata o de agora o Concello de Ames traerá a catro nenos/as saharauís que pasarán as vacacións con familias do noso concello, pero hai un quinto neno/a que aínda non conta cunha familia de acollida. As familias interesadas deben poñerse en contacto co departamento de Benestar Social porque hai un neno/a que aínda non ten familia de acollida. O único requisito para poder participar neste programa é facerse socio da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O custo que supón ser socio desta asociación é de 20 euros mensuais.