Pestanas principais

O Concello de Ames celebra este xoves o Día de Galicia no Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Mércores, 22 de xullo de 2015

[22-07-2015] O Concello de Ames celebra este xoves, 23 de xullo, ás 21:00 horas, o Día de Galicia cun acto institucional no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Neste acto vaise a presentar o novo dominio da páxina web municipal, que dende mañá pasará a dispor do dominio .gal. Deste xeito, o enderezo do sitio web do Concello de Ames tamén será www.concellodeames.gal. Ademais, un neno e unha nena do club de piragüismo Ribeiras do Tambre lerán un manifesto institucional acordado entre todos os grupos políticos con representación na corporación municipal de Ames. Tamén haberá música a cargo do grupo amesán de pandereteiras As Maianas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar a bandeira de Galicia. Así podes imprimila e colgala nas fiestras da túa casa ou no balcón.

O acto institucional co gallo do Día Nacional de Galicia vaise desenvolver este xoves, 23 de xullo, ás 21:00 horas, nos exteriores do Pazo da Peregrina. Será un evento sinxelo e aberto a todos os veciños e veciñas de Ames no que participarán todos os grupos que forman parte da corporación municipal. Dende o goberno e dende os partidos da oposición animan a veciñanza amesá a que asistan a este evento municipal.

Está previsto que neste acto se presente o novo dominio da páxina web municipal, que dende mañá pasará a dispor do dominio .gal. Deste xeito, o enderezo do sitio web do Concello de Ames tamén será www.concellodeames.gal. Ademais, un neno e unha nena do club de piragüismo Ribeiras do Tambre lerán un manifesto institucional acordado entre todos os grupos políticos con representación na corporación municipal de Ames. Tamén haberá música a cargo do grupo amesán de pandereteiras As Maianas.

Premendo sobre a imaxe que acompaña a esta nova, pódese descargar a bandeira de Galicia co lema "Ames sempre Galicia", co obxectivo de que os veciños e veciñas que o desexen a poidan imprimir e a coloquen nas súas fiestras e balcóns.