Pestanas principais

O Concello de Ames celebra este sábado a festa dos maiores con preto de 500 asistentes

Martes, 28 de xuño de 2022

Medio millar de persoas van participar este sábado 2 de xuño da festa dos maiores no Pavillón Municipal de Bertamiráns. O Concello de Ames recupera esta tradicional festa para darlle aos maiores de 65 anos unha oportunidade para xuntarse, socializar e desfrutar dunha xornada festiva. Haberá xantar, moito humor co cómico Isi e música a cargo do dúo Eva e Camilo. Ademais sortearanse vales de compra para gastar no comercio amesán, cedidos por XEA. Os nosos maiores disporán, tamén, de servizo de autobús polas parroquias para acudir á festa e volver para casa.

O Concello de Ames recupera a tradicional festa dos maiores que este ano se vai a celebrar este sábado 2 de xullo, ás 14.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. Os asistentes poderán gozar dun servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón de Bertamiráns. A hora prevista de chegada ao pavillón será ás 13:30.

A festa, á que está previsto que asistan 470 persoas, dará comezo ás 14:00 horas cun xantar. O menú está formado por varios entrantes: tabla de embutidos ibéricos, empanada e polbo; o prato principal será carne ao caldeiro e a sobremesa larpeira. 

A continuación chega a quenda da diversión. Os/As nosos/as maiores van gozar da actuación do cómico Isi. O humorista traerá á festa dos maiores anécdotas reais contadas dun xeito esaxerado, cercano e distendido capaces de chegar a todos os públicos.

A nota musical poñeraa o dúo Eva e Camilo. Os veciños de Bugallido amenizarán a festa dos maiores coa súa música de sempre. Uns clásicos coñecidos por todos e todas que a bo seguro farán bailar e cantar a todos/as os/as nosos/as maiores.

Ademais, trala comida farase un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sortearanse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.

Ames recupera esta tradicional festa co obxectivo de xuntar ás persoas maiores de 65 anos, logo de dous anos de pandemia, para darlles unha oportunidade para xuntarse, socializar ao mesmo tempo que desfrutan dunha xornada festiva. 

Visita aos maiores

Neste senso o Goberno Municipal realizou entre o 8 de xuño e o 21 xuño varias visitas aos grupos do programa Amessán para coñecer as demandas, suxestións e o grado de satisfacción das persoas que participan nas distintas actividades deste programa de envellecemento activo pensado para coidar a saúde mental e física das persoas maiores de Ames. 

As visitas comezaron o mércores 8 de xuño coa presencia de Blas García, alcalde de Ames; Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica; Manuel Lens, concelleira de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica e Santiago Márquez, concelleiro do Rural nas parroquias de Oca, Piñeiro e Ortoño.

A continuación, o xoves 9 de xuño, visitaron Lens, Agrón e Bugallido. O 14 de xuño foi a quenda para os grupos das distintas actividades que se levan a cabo en Bertamiráns. A rolda de visitas rematou o 21 de xuño nas parroquias de Transmonte, A Ameixenda e Auguapesada.

O resultado destas visitas así como das avaliacións que se fan pola Oficina do Voluntariado foi moi positivo, pois as persoas que participan nas distintas actividades do programa Amessán están moi contentas. Con todo, puidéronse recoller diversas demandas e suxestións que segundo Rubén Ramos , coordinador da OVA, “serán recollidas e atendidas para que este programa siga medrando, mellorando e dando un paso máis para o beneficio dos/as nosos/as maiores”.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "Volve a Festa dos Maiores"

O Concello de Ames celebra este sábado a festa dos maiores con preto de 500 asistentes

Multimedia

  • O Goberno Municipal visita aos/ás participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán
  • O Goberno Municipal visita aos/as participantes do Amessán