Pestanas principais

O Concello de Ames avisa de cortes de tráfico puntuais o luns na Avenida do Muíño Vello do Milladoiro con motivo das obras neste acceso ao polígono

Venres, 19 de abril de 2013

[19-04-2013] O Concello de Ames informa de que está previsto que o vindeiro luns, a partir das 9:00 horas da mañá, comecen as obras de mellora e acondicionamento do principal acceso ao polígono do Milladoiro a través da Avenida Muíño Vello. Está previsto que as obras continúen o martes. Segundo informa a Policía Local de Ames, está previsto cortar ao tráfico cando menos un dos carrís de circulación, podendo chegar a ser total o corte de tráfico en momentos puntuais se os traballos así o requiren. Con todo, estes cambios no tráfico serán sinalizados debidamente.

A Policía Local de Ames recomenda evitar o paso pola Avenida do Muíño Vello, e aconsella empregar como saída do polígono do Milladoiro a Travesía do Porto, continuando pola rúa Madalena ata a Avenida de Rosalía de Castro, na N-550. Para acceder ao polígono, recomendase empregar o mesmo percorrido á inversa: Avenida Rosalía de Castro, rúa Madalena, Travesía do Porto e Polígono.

Estes traballos poden chegar a ocasionar algún tipo de inconveniente aos veciños/as e aos condutores/as durante a súa execución e pola presenza de operarios na zona. O Concello lamenta as posibles molestias que poidan ocasionar as obras.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames avisa de cortes de tráfico puntuais o luns na Avenida do Muíño Vello do Milladoiro"