[21-06-2012] O Concello de Ames vén de alcanzar un acordo coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o financiamento do servizo de comedor en centros educativos amienses para o curso 2012-2013 por un importe máximo de 60.000 euros. A sinatura do convenio, no que se inclúen cinco centros escolares, foi autorizada hoxe polo Consello da Xunta.
En virtude deste acordo, o Concello de Ames poderá licitar o servizo de comedor para cinco centros educativos do municipio. Os centros que se beneficiarán do servizo son: o CEP de Ventín, o CEIP A Maía, CEIP de Barouta, o CEIP Agro do Muíño e a Escola Infantil do Milladoiro. Ao abeiro deste acordo de colaboración, a Consellería subvencionará os menús durante todo o curso escolar. Pola súa banda, o concello comprométese á elaboración dos menús escolares, a repartición e recolla deles nas mesas do comedor; así como ao coidado e asistencia do alumnado durante as comidas.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Educación aporta 60.000 euros para los comedores amienses"
El Correo Gallego: "La Xunta cederá 60.000 euros para los comedores escolares de Ames"




