Pestanas principais

O Concello de Ames aproba a liquidación orzamentaria correspondente a 2011

Xoves, 01 de novembro de 2012

[01-11-2012] O Concello amiense aprobou a liquidación orzamentaria do ano 2011, remitindo os datos da mesma ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Deste xeito, o Concello cumpre coa obriga de comunicar a liquidación do orzamento do exercicio anterior, polo que en novembro recibirá os fondos que lle corresponden das transferencias do Estado. No pleno ordinario de outubro, o alcalde de Ames, Santiago Amor, xa deu conta da aprobación da liquidación orzamentaria correspondente ao 2011.

O seguinte paso que levará a cabo o o Goberno amiense será aprobar e render a conta xeral do 2011 dentro do exercicio 2012, tal e como se levou a cabo o pasado ano por primeira vez desde 2002.

Deste xeito, o Concello de Ames segue a traballar para cumprir cos prazos legais, tal e como fixera no 2011, cando, tras varios exercicios nos que a contabilidade municipal sufriu un severo atraso, o Goberno amiense rendeu a conta xeral antes do remate do exercicio sinalado para elo.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames cierra las cuentas del 2011 para recuperar los 400.000 euros retenidos"
El Correo Gallego: "Ames aproba a liquidación orzamentaria correspondente a 2011"