Pestanas principais

O Concello de Ames aproba de xeito inicial a gratuidade para os segundos fillos/as nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena

Martes, 29 de setembro de 2020

O Concello de Ames vén de aprobar, de xeito inicial, en pleno o pasado xoves, 24 de setembro, a modificación da ordenanza municipal número 5, que regula o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais do Bosque e A Madalena. Deste xeito, establécese unha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa para o curso 2020-2021 para os segundos fillos/as e sucesivos da unidade familiar. Esta medida adóptase ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

A Xunta de Galicia ampliou para o curso 2020-2021 a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos matriculados en escolas infantís de titularidade municipal. A Administración autonómica achegaralle fondos aos Concellos para poder sufragar esta medida que se adopta ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Para poder aplicar esta medida nas escolas infantís municipais do Bosque e A Madalena durante o curso 2020-2021 foi necesario modificar a ordenanza municipal número 5, que regula o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís que xestiona directamente o Concello de Ames. Dito tramite realizouse no pleno ordinario do mes de setembro.

Deste xeito, a Corporación municipal aprobou inicialmente, por unanimidade, a modificación de dita ordenanza. Así queda garantida a gratuidade das cotas dos segundos fillos/as e sucesivos nas escolas infantís municipais do Bosque e A Madalena. Trátase da aprobación inicial. A partir de agora ábrese un período de información pública e entrará en vigor de forma definitiva rematado dito período de exposición pública. A partir da aprobación definitiva comezará a aplicarse esta medida.  

Dita modificación está motivada pola necesidade de acollerse á gratuidade da atención educativa para os segundos/as fillos/as e sucesivos, ao abeiro da Disposición Adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia; establecendo unha bonificación do 100% do prezo correspondente a atención educativa para o curso 2020-2021 para os segundos fillos/as e sucesivos da unidade familiar.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El Concello de Ames aprueba la gratuidad para segundos hijos en sus escuelas infantiles"

El Correo Gallego: "Educación gratuíta para os segundos fillos/as nas escolas infantís amesáns de O Bosque e A Madalena"

Revista AmesGo: "As Escolas Infantís O Bosque e A Madalena serán gratuítas para os segundos fillos"

O Concello de Ames aproba de xeito inicial a gratuidade para os segundos fillos/as nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena