Xoves, 16 de abril de 2015
[16-04-2015] A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, dun vehículo todo-terreo para a Policía Local. O orzamento estimado do presente contrato é de 24.793,39 euros, máis IVE. O goberno municipal ve necesario substituír o anterior vehículo que xa conta con catorce anos de antigüidade e 435.000 quilómetros.
Este procedemento de contratación anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante da web municipal. As propostas poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo de quince días naturais que empezarán desde o día seguinte á súa publicación.