Pestanas principais

O Concello de Ames anuncia unha completa programación de verán

Xoves, 17 de xuño de 2021

Baixo o lema “Refréscate en Ames”, o Concello de Ames presentou esta mañá a programación de Verán. As Concellarías de Cultura, a Aula Informática, Deportes, Normalización Lingüística, as Bibliotecas, Mocidade, Promoción Económica, Benestar Social, Servizos Sociais e a Aula da Natureza, traballaron conxuntamente para ofrecer máis de 50 actividades: concertos, excursión, monólogos, obradoiros e actividades deportivas,  entre outras moias actividades para todas as idades. Podes consultar a programación completa premendo nesta ligazón.

Esta mañá, o alcalde, Blas García, a concelleira de Cultura, Natividade García, e a de Promoción Económica, Ana Belén Paz, presentaron a programación do verán baixo o leva “Refréscate con Ames”. A programación deste verán abarca todas as disciplinas e ofrece un cartel apto para todas as idades e preferencias.

Natividade González, concelleira de Cultura, afirmou que se trata dunha: “Programación comprometida con todos e todas. Son moitos os sectores afectados pola situación da pandemia como o cultural, da hostalaría.... Este programa ten un formato adaptado ás circunstancias”.

Ademais, explicou que o lema “Refréscate con Ames” fai referencia a “refrescarnos no mar, na piscina, con bebidas nas prazas... Pero tamén se relaciona con outro sentido da palabra, coa idea de renovar, de volver ao anterior e de buscar como eran os nosos veráns antes”.

Natividade González recordou que, dende a Concellaría, séguese a apostar pola “Cultura segura”.

Coma novidade, a Concellaría de Cultura organizou o programa, coordinado polas Bibliotecas Municipais, os “Seráns de Tapia”. Todos os xoves, dende o 1 de xullo ata o 26 de agosto, a Praia Fluvial de Tapia acollerá actividades de teatro, literatura, concertos e monólogos. A intención é, segundo a concelleira, “achegar as actividades ao rural”.

Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, recordou que o Concello segue a traballar para “activar o comercio local a través de diversas actividades que conseguen achegar a xente de todas as idades”.

O alcalde, Blas García, apuntou que “pretendemos dinamizar a verán de Ames, un concello moderno e activo. O que queremos é darlle aos veciños e veciñas ofrecerlle un amplo abano de actividades. Despois de todos estes meses sufrindo as restricións, queremos desfrutalo e pasalo ben, sempre respectando as normas”.

As actividades do verán comezarán o venres 18 de xuño co festival SolporSon. No campo da festa de Biduído actuarán, dende as 21.30 horas actuarán os grupos SonDaRúa, Verto e o grupo local de Ames Triska, que ensaian na Factoría. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellaría de Mocidade. Os convites xa están agotados.

Para despedir a programación de verán, levarase a cabo a Noite de Estrelas, no alto do San Marcos. Esta actividade, organizada pola Aula da natureza e dirixida a todos os públicos, celebrarase o venres 27 de agosto, dende as 20.00 horas ata as 24.00 horas.

Podes consultar máis información sobre a programación de verán de 2021. O cartaz da acceso, a través dun código QR, da acceso ao tríptico.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames anuncia más de 50 actividades para este verano"

El Correo Gallego: "Verano refrescante con Bala y medio centenar de actividades"

Lindeiros: "Ames propón un verán para refrescarse e reiniciar"

 

Presentación programación de verán
Descargas: 

Multimedia

  • Programación de verán
  • Presentación programación de verán
  • Presentación programación de verán
  • Programación de verán
  • Programación de verán
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for