Pestanas principais

O Concello de Ames amplía e unifica os horarios de carga e descarga de mercancías no municipio

Mércores, 20 de febreiro de 2013

[20-02-2013] O Concello de Ames decidiu ampliar e unificar en todo o municipio os horarios nos que se poden realizar operacións de carga e descarga de mercancías nos lugares establecidos ao efecto. A medida irase implantando progresivamente, xa que nestes días o Concello procederá ao cambio dos sinais nos que se indican os horarios. A substitución dos sinais comezará mañá, xoves, polo Milladoiro e despois continuará en Bertamiráns. Deste xeito, os traballos de carga e descarga poderán facerse de luns a venres entre as 8:00 e as 12:00 horas da mañá e entre as 15:00 e as 18:00 horas da tarde. Os sábados poderán levarse a cabo en horario de mañá.

O obxectivo desta medida é unificar todos os horarios, xa que ata o momento había zonas do municipio que contaban con diferentes franxas de carga e descarga, e ofrecer facilidades e mellorar as condicións nas que tanto os comerciantes amienses como os repartidores e transportistas fan o seu traballo. Ata o momento, os horarios de carga e descarga estaban fixados entre as 9:00 e as 11:00 horas da mañá e as 15:00 e 17:00 horas da tarde. Co cambio, ampliase o horario en dúas horas pola mañá e en unha hora polas tardes.

Segundo establece a ordenanza municipal, poderán facer uso das reservas de estacionamento para carga e descarga calquera vehículo, sempre que estea destinado ao transporte de mercadorías.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames amplía las restricciones para el aparcamiento libre"
El Correo Gallego: "Ames amplía e unifica os horarios de carga e descarga de mercancías no municipio"