Pestanas principais

O Concello de Ames alerta sobre unha posible estafa na colocación de contadores de electricidade

Xoves, 27 de marzo de 2014

[27-03-2014] O Concello de Ames alerta dunha posible estafa na colocación de contadores de electricidade. A Policía Local ten constancia de que un grupo de estafadores está operando polas parroquias amienses intentado enganar á veciñanza amiense coa colocación destes contadores. Estes supostos operarios dunha empresa eléctrica indícanlle aos veciños/as que teñen que pagar o cambio de contador por adiantado. Dende o Concello de Ames faise un chamamento á veciñanza amiense para que estean alerta ante estas posibles estafas e que se teñen algunha dúbida chamen á empresa eléctrica coa que teñen contratado o servizo ou á Policía Local a través do teléfono 619 76 75 75.

Dende a Policía Local de Ames detectaron varios intentos de estafa non últimos días. Trátase dun grupo de persoas que se fan pasar por operarios dunha empresa eléctrica e indícanlle á veciñanza que teñen que cambiar os seus contadores antigos por uns novos que son dixitais. Nese intre é cando os presuntos estafadores lle din aos veciños/as que ese cambio de contador téñeno que pagar por adiantado. Deste xeito, os veciños e veciñas pagan un servizo que nunca se vai realizar.

Dende o Concello de Ames recoméndalle á veciñanza que estea alerta e que se teñen algunha dúbida sobre a autenticidade dos operadores que se presentan nos seus fogares que chamen á empresa eléctrica coa que teñen contratado o servizo de electricidade ou á Policía Local a través do teléfono 619 76 75 75. No caso de que algún veciño/a caia nesta presunta estafa debe avisar o máis axiña posible á Policía Local para evitar que se produzan novos casos.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "A Policía amiense alerta pola estafa nun cambio de contadores eléctricos"
La Voz de Galicia: "Ames alerta de una posible estafa con falsos contadores de electricidad"