[02-01-2013] O Concello de Ames adxudicou a pasada semana as obras de reparación do firme asfáltico e pintado que se levarán a cabo na Travesía do Porto, no Milladoiro. As obras de mellora, dotadas con preto de 62.000 euros, comezarán nos vindeiros días. Os traballos non se iniciaron con anterioridade polas persistentes choivas das últimas xornadas e pola existencia na zona dunhas obras de canalización do gas. O obxectivo é acometelas con todas as garantías para que o resultado sexa óptimo.
As obras consisten na aplicación de capa de aglomerado de sete metros de ancho desde o eixo da Travesía do Porto. Ademais, procederase ao pintado da sinalización horizontal e do trazado de vía e á instalación de dous semáforos.
O obxectivo destes traballos é mellorar o estado e a seguridade dunha das avenidas máis importantes do Milladoiro, e que conta nos arredores cun centro educativo e cun centro comercial. As obras na Travesía do Porto permitirán mellorar a seguridade dos vehículos e peóns que cada día transitan por esta zona.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Ames adxudica as obras de mellora e acondicionamento da Travesía do Porto"
El Correo Gallego: "Ames adjudica por 62.000 € la mejora de Travesía do Porto"




