Pestanas principais

O Concello de Ames adopta medidas disciplinarias fronte á propietaria dun edificio situado no Milladoiro

Xoves, 02 de xuño de 2011

[02-06-2011] O Concello de Ames está vixiando moi de preto a todas os propietarios para que cumpran coa normativa urbanística en vigor. Dende o departamento de disciplina urbanística incoouse un expediente de orde de execución por motivos de seguridade, salubridade e ornato público a unha veciña do Milladoiro, na súa condición de propietaria do local situado no número 37 da avenida Rosalía de Castro, por mor da caída de pezas de mármore da repisa da fachada do devandito edificio co consecuente perigo para os peóns. Ante a situación de perigo que supón para os viandantes pasar por esta rúa o Concello encargoulle á brigada municipal de obras a retirada das pezas soltas da repisa, para evitar que algún veciño/a se dane ao pasar andando por este lugar.

O Concello de Ames está realizando un control moi exhaustivo co fin de que todos os propietarios de terreos ou edificios cumpran coa normativa vixente en materia de seguridade, salubridade e ornato público. Deste xeito, tramitouse o correspondente inicio de expediente de orden de execución. No caso de incumprimento da propietaria procederase por parte da Administración local á imposición de multas coercitivas.

Neste senso, o pasado 23 de de maio a Policía local informou de que por mor da caída de pezas de mármore da repisa da fachada dun edificio situado no número 37 da avenida de Rosalía de Castro do Milladoiro, e ante a probabilidade de novos desprendementos, procedeuse a sinalizar a zona para evitar que seguisen caendo tellas sobre a beirarrúa coa consecuente perigo para os peóns. Ademais douse parte aos servizos de urbanismo do Concello.

O arquitecto técnico municipal, despois da correspondente visita de inspección, emitiu un informe o pasado 27 de maio, no que se constatou a existencia, aínda con certo risco de desprendemento, de varias pezas da repisa do edifico situado á altura do forxado do teito da planta baixa ao pé da galería, que se estaban movidas e fora de lugar. Debido a iso, comunicóuselle ao departamento de obras que debían retirar as pezas soltas da repisa como medida de precaución.

Á vista do anterior dende o departamento de disciplina incoouse un expediente de orde de execución por motivos de seguridade, salubridade e ornato público a unha veciña do Milladoiro, na súa condición de propietaria do local situado no número 37 da avenida Rosalía de Castro, por mor da caída de pezas de mármore da repisa da fachada do devandito edificio co consecuente perigo para os peóns.

A maioría dos propietarios realizan as obras no momento de ser notificados do inicio do expediente polo que os mesmo se resolven nese primeiro trámite e acaban arquivándose, pero de non ser así, o Concello ten articulados distintos mecanismos para garantir que os propietarios dos inmobles cumpran coa normativa urbanística en vigor.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Expedientada una amiense por un local en mal estado"
La Voz de Galicia: "El Concello de Ames ordena la retirada de losas de una fachada"