[31-05-2015] A Policía Local de Ames inicia mañá luns 1 de xuño unha campaña especial sobre o control da taxa de alcohol e a presenza de drogas en condutores, enmarcada nas campañas da Dirección Xeral de Tráfico.
Aos controis de alcoholemia cotiás –realizados en maior medida durante as fines de semana– inclúense agora os que se realizarán tamén nos días laborables a calquera hora do día e en distintos puntos da localidade, ata o próximo domingo día 7.
O Concello de Ames súmase habitualmente a este tipo de iniciativas que promoven concienciar aos condutores alertándoos do risco de consumir alcohol e drogas ao volante. Dende a Dirección Xeral de Tráfico lembran que o alcohol é o causante dun terzo dos accidentes mortais e que preto dun 11 por cento das persoas conducen despois de ter consumido algunha substancia psicoactiva –o cannabis e a cocaína as máis empregadas– afectando á capacidade para unha condución segura.
Con todo, o organismo sinala un “cambio de comportamento nos cidadáns” e indica que a porcentaxe de positivos detectados descendeu “de forma notable” no último decenio, pasando do 5,1 ao 1,7 por cento. A DXT insiste en continuar diminuíndo o número de casos positivos por alcoholemia levando a cabo controis preventivos aleatorios como o que se inicia en xuño.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El Concello inicia una campaña de control de alcoholemia"




