Pestanas principais

O Concello de Ames adhírese ao Programa Thao para poñer freo á obesidade infantil

Sábado, 26 de marzo de 2011

[26-03-2011] O alcalde de Ames, Carlos Fernández, asinou hoxe, ás 13:00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a carta de adhesión ao programa Thao-Saúde Infantil para a prevención da obesidade. A través deste acordo o Concello de Ames pasará a formar parte dos municipios que se integran dentro deste programa que promove hábitos saudables entre a poboación tanto a nivel de alimentación como de actividade física, co obxectivo de frear a progresión da obesidade infantil. Este acto contou coa asistencia do presidente da Fundación Thao, Henri García; do director científico da Fundación Thao, o Dr. Rafael Casas, e do director de desenvolvemento nacional da Fundación Thao, Francisco Sarasua. Ames é o primeiro concello galego que desenvolve un proxecto piloto con nenos/as de 0 a 3 anos dentro deste programa. Este convenio terá unha vixencia de catro anos.

O Concello de Ames aposta decididamente pola educación alimentaria e isto vese reflectido no servizo da Rede Municipal de Comedores Escolares. Os comedores escolares de Ames foron pioneiros á hora de ofrecer un servizo de xestión alimentaria directa que comeza e completa o ciclo, desde a elección do menú e a compra ata a cociña e a mesa, sen pasar por mans alleas. Mentres que a meirande parte dos comedores escolares de Galicia e mesmo do resto do estado están xestionados por ANPAS e servidos por empresas de cátering, Ames decidiu facerse cargo do servizo dun xeito integral.

Con este programa realízase por unha parte un servizo público, facilitando aos cidadáns a conciliación da vida laboral e familiar e por outra, un proxecto educativo no que o obxectivo é que o alumnado aprenda hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

Agora o goberno municipal dá un paso máis en materia de educación alimentaria coa adhesión ao Programa Thao-Saúde Infantil para a prevención da obesidade. Esta adhesión veuse reflectida nun acto que tivo lugar esta mañá, ás 13:00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O Concello quere, co desenvolvemento deste programa de saúde pioneiro en Europa, combater unha das ameazas máis graves que afecta os nenos e nenas españois.

O acto, no que se asinou a carta de adhesión ao Programa Thao-Saúde Infantil, estivo presidido polo alcalde de Ames, Carlos Fernández, e contou coa asistencia do presidente da Fundación Thao, Henri García; do director científico da Fundación Thao, o Dr. Rafael Casas, e do director de desenvolvemento nacional da Fundación Thao, Francisco Sarasua.

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, destacou que "o que levamos facendo en Ames non últimos anos ten moito que ver co que se promove dende a Fundación Thao. Agora adherímonos a unha rede que está composta por outros municipios de España e incluso do resto do mundo. Ademais, non solo é que nos unamos a este programa se non que vamos a ser o primeiro concello galego que desenvolve un proxecto piloto con nenos/as de 0 a 3 anos dentro deste programa".

Por outra banda, o presidente da Fundación Thao, Henri García, destacou que "Ames xa ten un alto grao de sensibilidade no coidado dos nenos e nenas que están na súa infancia, pero coa adhesión a este programa vaise a mellorar. Ademais Ames vai a ser un concello pioneiro no desenvolvemento deste programa con rapaces de 0 a 3 anos".

Visita aos comedores escolares

A adhesión ao Programa Thao non se limitou só á sinatura do convenio. Antes, ás 10:30 horas, houbo unha reunión de coordinación na Casa do Concello entre os representantes municipais implicados neste proxecto e os responsables do proxecto Thao. Nesta xuntanza as técnicas que xestionan a Rede Municipal de Comedores Escolares explicáronlles aos responsables da Fundación Tha-Salud Infantil o funcionamento deste servizo. Esta xuntanza estivo presidida polo alcalde de Ames, Carlos Fernández, que estivo acompañado da concelleira de Mocidade, Patricia Conde, e do concelleiro de Sanidade, José Miñones.

A continuación, ás 12:00 horas, desprazáronse ata o CEIP Agro do Muíño para ver de primeira man o funcionamento dos comedores escolares e o traballo que se realiza na elaboración dos menús. Neste senso, dende o departamento de Educación incidiron na especial atención que se presta na elaboración dos menús para os nenos/as que sofren algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria.

Máis de 3.000 nenos beneficiaranse deste programa

Os beneficiarios deste programa serán os nenos e nenas amienses que cursan os seus estudos nos colexios de educación infantil e primaria, gardarías municipais, nas escolas unitarias e todos aqueles rapaces e rapazas que participan nos programas lúdicos ofertados polo Concello. A través deste proxecto preténdese consolidar uns hábitos saudables de alimentación e de actividade física nas súas rutinas cotiás. Ames é o segundo municipio galego en adherirse ao Programa Thao-Saúde Infantil despois de que o fixese Santiago de Compostela durante o curso 2008-2009.

Neste programa participan tres centros de educación infantil e primaria (CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e CEP Ventín), a Escola de Educación Infantil do Milladoiro, as dúas garderías municipais (O Bosque e A Madalena) e as escolas unitarias da Tarroeira, Covas, Guimaráns e Agrón. Un total de 3.297 nenos e nenas amienses, nas franxas de 0 a 3 anos e na de 3 a 12 anos participarán no Programa Thao-Saúde Infantil, un proxecto pioneiro en Europa. Uns 2.027 nenos/as que están escolarizados nos centros de ensino amienses e 1.270 aproximadamente, que participan en todos os programas lúdicos postos en marcha polo Concello ao longo de todo o ano.

A incorporación de Ames ao Programa Thao-Saúde Infantil enmárcase no convenio de colaboración que a Fundación Thao asinou o pasado 9 de febreiro coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Este programa, desenvolvido pola Fundación Thao, achega unha resposta ao problema da obesidade infantil, porque pretende previla, actuando directamente nos municipios, sobre a contorna dos nenos e as nenas. Grazas a este programa, preténdese frear a progresión da obesidade infantil en España, un dos países do mundo coa taxa máis alta de obesidade e sobrepeso infantil.

Estilo de vida saudable

O Programa Thao ten como finalidade ilusionar e mobilizar a todos os cidadáns cara a un estilo de vida saudable e enmárcase dentro das formulacións e a filosofía pola Estratexia Naves, a estratexia levada a cabo pola AESAN (Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición), do Ministerio de Sanidade e Consumo, co fin de previr a obesidade infantil en España. A AESAN apoia ao Programa Thao-Saúde Infantil.

Actualmente son 84 municipios españois, coa entrada de Ames, os que desenvolven o Programa Thao-Saúde Infantil, alcanzando a unha poboación de 300.000 nenos e nenas e de 2.500.000 persoas. O Programa Thao-Saúde Infantil, lanzado en España no ano 2007 e desenvolvido a través dos municipios, dedícase á prevención da obesidade infantil coa promoción duns hábitos de vida saudables nos nenos e as nenas de entre 3 e 12 anos, e desde o 2010, en bebés de 0 a 3 anos con materiais específicos.

Os obxectivos principais deste programa son promover hábitos de alimentación saudables, educando e familiarizando aos nenos e as nenas de maneira lúdica, na diversidade, o sabor e a boa elección dos alimentos; estimular nos nenos e as nenas o hábito da actividade física, non só a deportiva, senón tamén os xogos activos, e a participación lúdica e social; e realizar unha avaliación anual dos resultados de todas as accións desenvolvidas no ámbito do programa, incluíndo a medición (peso, talla, circunferencia de cintura) de todos os nenos e nenas que participan.

Para resumir, o Programa Thao quere inculcar nos nenos, nas nenas e as súas familias as motivacións positivas dos comportamentos saudables, para que os asuman de forma permanente e duradeira.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Más de tres mil niños de Ames participarán en un programa de prevención de la obesidad"
La Voz de Galicia: "Más de tres mil niños de Ames participarán en un programa de prevención de la obesidad"
La Voz de Galicia: "Más de tres mil niños de Ames participarán en un programa de prevención de la obesidad"
La Voz de Galicia: "Más de tres mil niños de Ames participarán en un programa de prevención de la obesidad"
El Correo Gallego: "Los comedores de Ames lucharán con Thao contra la obesidad de los peques"
El Correo Gallego: "Los comedores de Ames lucharán con Thao contra la obesidad de los peques"
El Correo Gallego: "Los comedores de Ames lucharán con Thao contra la obesidad de los peques"
El Correo Gallego: "Los comedores de Ames lucharán con Thao contra la obesidad de los peques"
Portal de tu ciudad: "Ames se incorpora al Programa Thao-Saúde Infantil para poner freno a la obesidad"
Portal de tu ciudad: "Ames se incorpora al Programa Thao-Saúde Infantil para poner freno a la obesidad"
Portal de tu ciudad: "Ames se incorpora al Programa Thao-Saúde Infantil para poner freno a la obesidad"
Portal de tu ciudad: "Ames se incorpora al Programa Thao-Saúde Infantil para poner freno a la obesidad"
El Correo Gallego: "Thao destaca la labor de los comedores de Ames"
El Correo Gallego: "Thao destaca la labor de los comedores de Ames"
El Correo Gallego: "Thao destaca la labor de los comedores de Ames"
El Correo Gallego: "Thao destaca la labor de los comedores de Ames"