Pestanas principais

O Concello de Ames acondiciona dúas parcelas de Bertamiráns dedicadas a aparcadoiros

Sábado, 09 de abril de 2011

[09-04-2011] O goberno municipal non só está traballando para habilitar novas zonas de aparcamento nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro se non que tamén para mellorar o estado dos que xa existen en ambas as dúas localidades. Seguindo esta liña de traballo, durante as últimas semanas o Concello de Ames estivo acondicionando dúas areas de aparcamento que están situadas na rúa Alcalde Lorenzo. Estas parcelas non son de titularidade municipal pero os seus propietarios téñenllas cedidas provisionalmente ao Concello para poder dedicalas a aparcadoiros públicos e gratuítos. Os traballos realizados consistiron en achanzar o terreo, tapar as fochancas existentes, estender unha capa de grava e dotar aos aparcamentos de recollida de pluviais para evitar que auga volva a facer estragos no terreo. Ademais vanse colocar catro luminarias máis, o que provoca que haxa un total de seis para mellorar a iluminación pola noite neste espazo. Un dos aparcadoiros dispón de 3.600 metros cadrados de superficie e de 130 prazas de aparcamento, mentres que o segundo ten 430 metros cadrados e dispón de 20 prazas. Polo tanto, nestes dous aparcadoiros poden estacionar ao redor de 150 vehículos.

Na sociedade actual dependemos cada vez máis dos vehículos para desprazarnos tanto ao noso lugar de traballo como para gozar do tempo libre. Iso implica varias complicacións como son a dificultade que nos atopamos cada día para estacionar nas zonas urbanas. Debido a gran cantidade de coches que se concentran nas cidades e principais núcleos residencias é preciso habilitar aparcadoiros públicos. O Concello de Ames consciente diso dispón de varias zonas para aparcar, tanto en Bertamiráns como no Milladoiro, e que son de titularidade publica.

Outro aspecto fundamental á hora de habilitar aparcadoiros públicos é o sector comercial xa que depende en gran medida de que a clientela poida estacionar o seu vehículo facilmente para poder facer as súas compras con comodidade. O goberno municipal é consciente de que Ames posúe un comercio de calidade e debido a iso elaborou un proxecto para potenciar o eixo comercial de Bertamiráns e do Milladoiro coa adecuación do seu espazo urbano.

Este plan ten por obxecto impulsar o desenvolvemento económico e estimular unha mellor actividade comercial, mediante a dotación de novos equipamentos para facer máis atractiva a oferta do comercio polo miúdo. Deste xeito vaise potenciar o eixo comercial de Ames coa creación de novas bolsas de aparcamento e co acondicionamento das xa existentes.

Iso é o que acaba de facer o goberno municipal. Durante as últimas semanas o Concello de Ames estivo acondicionando dúas parcelas de Bertamiráns que están dedicadas a aparcadoiros públicos para mellorar o estado das áreas de estacionamento xa existentes. Estas parcelas están situadas na rúa Alcalde Lorenzo e contan cunha superficie total de 4.030 metros cadrados. O aparcadoiro máis grande dispón de 3.600 metros cadrados de superficie e de 130 prazas de aparcamento, mentres o máis pequeno ten 430 metros cadrados e dispón de 20 prazas. Estas parcelas non son de titularidade municipal pero os seus propietarios téñenllas cedidas provisionalmente ao Concello para poder dedicalas a aparcadoiros públicos e gratuítos.

Os traballos realizados consistiron en achanzar o terreo, tapar as fochancas existentes, estender unha capa de grava e dotar aos aparcamentos de recollida de pluviais para evitar que auga volva a facer estragos no terreo. Ademais vanse colocar catro luminarias máis o que fai provoca que haxa un total de seis para mellorar a iluminación pola noite neste espazo. Nestes dous aparcadoiros poden estacionar ao redor de 150 vehículos.

Estes aparcadoiros únense a outro de recente creación como é o aparcadoiro público que está situado na rúa Lodeiro, en Bertamiráns, que dispón de 122 prazas das que 4 son prazas de aparcamento adaptadas a persoas con mobilidade reducida. Este aparcadoiro executouse sobre dúas parcelas de dominio público que dispoñen dunha superficie total de 3.336 metros cadrados. Tamén dispón de varias prazas para motocicletas. Esta área de estacionamento leva funcionando dende comezos de ano e xerou unha nova bolsa de aparcamento que cobre as necesidades de todas aquelas persoas que acoden a Bertamiráns a facer as súas compras e que se atopan con dificultades para estacionar os seus vehículos.

Ademais hai que engadir a estas zonas de estacionamento o aparcamento que está ao carón do centro comercial Carrefour, na rúa Pesqueiras, en Bertamiráns. Esta explanada dispón de arredor de 100 prazas para estacionar e presta servizo a un gran número de veciños e veciñas de Ames. Recentemente o Concello tamén remarcou as liñas que delimitan cada unha das praza de estacionamento deste aparcamento debido a que estaban moi gastadas debido ás inclemencias metereolóxicas e ao paso do tempo. Se temos en conta todos estes aparcamentos en Bertamiráns existen preto de 400 prazas de estacionamento público.

Aparcamento para O Milladoiro

Nesta mesma liña estase traballando na localidade do Milladoiro. Esta mesma semana na Mesa Local de Comercio aprobouse a solicitude dunha subvención que se enmarca no Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, para a potenciación do eixo comercial do Milladoiro coa adecuación do seu espazo urbano.

Este proxecto inclúe a creación dun novo aparcamento ao aire libre con prazas de aparcamento gratuítas no contorno da rúa Agro do Medio. Este novo aparcadoiro disporá de 154 prazas. Catro destas prazas estarán destinadas ás persoas con mobilidade reducida. Este proxecto tamén contempla a dotación de novas luminarias para as rúas comerciais do Milladoiro.

Deste xeito, o Concello de Ames pretende habilitar unha nova bolsa de aparcamento nos arredores da rotonda, que está ao lado do centro comercial SuperCor. Así, vaise facer un novo aparcadoiro nunha zona moi céntrica desta localidade, que estaría situada entre o sector parcial S-14 e o S-15.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Bertamiráns habilita dos párkings con 150 plazas"
La Voz de Galicia: "Bertamiráns habilita dos párkings con 150 plazas"
El Correo Gallego: "El Concello acondiciona dos parcelas para aparcamiento en Bertamiráns"
El Correo Gallego: "El Concello acondiciona dos parcelas para aparcamiento en Bertamiráns"