[10-07-2011] O Consellerio de Medio Ambiente, Agustín Hernández, tivo unha reunión de traballo co alcalde amiense, Santiago Amor, e cos concelleiros, e posteriormente visitaron a obra da ETAP a onde acudiu tamén o alcalde de Brión, Xosé Luís García.Na actualidade o 50% dos case 12 quilómetros de conducións da ETAP xa está executado, mostra do interese da Consellería de Medio Ambiente por avanzar neste proxecto tan necesario. A Xunta incrementará nun 69% a capacidade de abastecemento do sistema de auga potable de Ames e Brión, coa construcción dunha ETAP e dous depósitos. Estas obras dispoñen dun orzamento de máis de 8 millóns de euros, dos que a Xunta achega o 80% e os concellos o 10% respectivamente que significa a cantidade de 819.393,34 euros. O concello de Ames abre agora un proceso de diálogo cos propietarios para conseguir o resto dos terreos da potabilizadora.
O anterior goberno municipal amiense, rexido polo socialista Carlos Fernández, non puxo os terreos a disposición da Xunta véndose obrigada a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras a iniciar a obra pola fase de canalización. A Xunta requiriu o 16 de xuño de 2010 do concello de Ames a documentación das expropiacións concedendo un prazo de 10 días para que a administración local a presentase. Como esta documentación non foi presentada resolveuse a desistencia do procedemento administrativo e a conseguinte parálise de parte das obras. Carlos Fernández non foi quen de negociar cos propietarios nin de enviarlle á Xunta a documentación necesaria para a urxente ocupación.
O alcade amiense, Santiago Amor, abre un proceso de diálogo e negociación para "conseguir os resto dos terreos dunha obra tan importante como é potabilizadora, pois con ela a capacidade de suministrar auga en Ames e Brión crecerá o 60%".
O Consellerio de Medio Ambiente, Agustín Hernández, tivo unha reunión de traballo co equipo de goberno amiense antes de visitar as obras de abastecemento onde se está construíndo a potabiliadora. Na actualidade o 50% dos case 12 quilómetros de conducións xa está executado, mostra do interese da Consellería de Medio Ambiente por avanzar neste proxecto tan necesario.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "La Xunta agilizará las obras de la ETAP de Ames y Brión"




