Pestanas principais

O Concello de Ames abriu o proceso de selección dunha bolseira

Martes, 07 de setembro de 2021

O Departamento de Comunicación vaise reforzar coa contratación dunha bolseira. A oferta presenta como requisitos ser titulados/as en Ciencias da Comunicación, o dominio da lingua galega e ter carné de conducir. A duración da bolsa será dun ano. Podes inscribirte na oferta neste enlace.

O Concello de Ames colgou o pasado venres 13 de agosto unha oferta para seleccionar a un/unha  titulado/a en Ciencias da Comunicación. A bolsa dun ano de duración é para realizar prácticas de formación no Departamento de Comunicación do Concello de Ames.

A oferta establece como requisitos para os aspirantes ser titulados/as en Ciencias da Comunicación, o dominio da lingua galega e ter carné de conducir.

A duración da bolsa é de 12 meses. Ao longo deste tempo o bolseiro/a vai coñecer o funcionamento dun gabinete de comunicación municipal e máis concretamente a organizar a axenda informativa municipal, a elaborar contidos informativos municipais en diversos formatos e soportes, a tratar con outros medios e profesionais xornalísticos, a manter o ton institucional, a traballar con xestores de contidos dixitais, a planificar, organizar e elaborar boletíns municipais e a organización e o funcionamento básico dun concello.

O Concello de Ames abriu o proceso de selección dunha bolseira