[08-05-2012] As persoas interesadas poden solicitar a información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), en horario de luns a venres entre as 9,00 e as 14,00 horas. O único requisito imprescindible para conseguir este carné é estar empadroado no Concello de Ames.
O próximo luns, 14 de maio, comeza o prazo de solicitude de carnés para as piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro. A Concellería de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado informa de que para solicitar a tarxeta de usuario será preciso presentar o impreso de solicitude cuberto, unha foto de carné e o resgardo de pagamento das taxas. O único requisito imprescindible para conseguir este abono é estar empadroado no Concello de Ames.
As persoas interesadas en facerse co carné das piscinas descubertas municipais poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, nos teléfonos 981 535 940 e 981 884 991, ou na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), en horario de luns a venres entre as 9,00 e as 14,00 horas.
Para este verán, ofreceranse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos), que custará 20 euros; o individual (14 euros) e o abono de tempada para menores de idade (7 euros). Tamén haberá abonos mensuais (7 euros) e facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. Os menores de dez anos están exentos de pagamento.




