Venres, 13 de setembro de 2013
[13-09-2013] Neste mes de setembro póñense en marcha as hortas urbanas, sostibles e solidarias que o Concello de Ames pon a disposición da veciñanza para realizar cultivos hortícolas de xeito sostible e solidario. A partir do vindeiro luns, 16 de setembro, ábrese o prazo para que todos aqueles veciños/as de Ames interesados/as en poder contar cunha horta urbana en Bertamiráns poidan presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello no Milladoiro e Bertamiráns. O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de outubro. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre esta iniciativa e os impresos de solicitude.




