[01-05-2011] Chegan un ano máis a Ames unhas das actividades máis esperadas polos rapaces e mozos/as, os campamentos de verán. As concellarías de Medio Ambiente, Mocidade e Educación ofertan nesta ocasión 416 prazas para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas que teñen de 3 a 18 anos gocen duns días de campamentos en lugares como as granxas escolas "Fervenzas do Toxa", "Os Barreiros" e "Kiriko", no campamento Os Biocos ou no campamento xuvenil de Cantabria. Este ano ofrécense 61 prazas máis respecto á edición anterior debido a gran afluencia que teñen todos os anos estes campamentos. Ademais, este ano haberá grupos de idade máis homoxéneos e menos numerosos, o cal supón un beneficio para os cativos en canto a actividades e posibles destinos. En tódolos campamentos reservarase un 10 % de prazas para casos de emerxencia social.




