Pestanas principais

O Concello de Ames abre o prazo para inscribirse nas Aulas de reforzo educativo

Martes, 29 de xaneiro de 2013

[29-01-2013] O Concello de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), puxo en marcha unha nova edición do programa de reforzo educativo dirixido aos rapaces e as rapazas de Ames. Esta actividade está destinada ao alumnado que está cursando a ESO. Terán preferencia na adquisición de praza os alumnos/as que deriven dos centros educativos amienses. Deste xeito ofréceselle a posibilidade a todos os rapaces e rapazas de complementar os seus estudos con clases de apoio encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado. As clases desenvolveranse os mércores dende o 6 de febreiro ata o 29 de maio entre as 16:30 h e as 19:30 horas no IES de Ames. O prazo de inscrición estará aberto ata completar todas as prazas ofertadas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.

Esta actividade, que está destinada ao alumnado da ESO, ten unha importante demanda dentro do colectivo de estudantes do concello, xa que lles permite establecer durante o curso académico uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos seus estudos. Nestas Aulas de reforzo educativo traballarase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado, etc.

Establécense catro áreas de formación (ciencias e/ou letras tanto de 1º como de 2º ciclo de ESO), adaptadas segundo os intereses e necesidades do alumnado. Cada alumno/a pode inscribirse nunha ou dúas áreas segundo as súas necesidades. Hai 12 prazas por área. As clases desenvolveranse os mércores dende o 6 de febreiro ata o 29 de maio entre as 16:30 h e as 19:30 horas no IES de Ames. Terán preferencia na adquisición de praza os alumnos/as que deriven dos centros educativos amienses.

As follas de inscrición xa están dispoñibles para o alumnado interesado no IES de Ames que se encargará do seu reparto e posterior recollida. Os alumnos interesados tamén poden solicitar a súa folla de inscrición na secretaría do centro e entregala no mesmo lugar. Ademais, o impreso de inscrición poderase recoller e entregar na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa do Concello (os luns, mércores e xoves) e no Punto de Información Xuvenil (PIX) da Casa da Cultura do Milladoiro (os martes e venres).

As persoas interesadas que desexen máis información poden enviar un correo electrónico a omix@concellodeames.org ou chamar ao número de teléfono 616 083 229.O prazo de inscrición estará aberto ata completar todas as prazas ofertadas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames abre o prazo para as aulas de reforzo educativo"