[12-02-2014] O Concello de Ames informa que xa está aberto o prazo de preinscrición para realizar os cursos de galego preparatorios para a obtención do Certificado de Lingua Galega nos niveis 1, 2, 3 e 4. A preinscrición poderá facerse ata as 14:00 horas do vindeiro 22 de febreiro. As persoas interesadas en realizar cursos de galego deberán presentar cuberto o impreso de preinscrición nalgún dos rexistros do Concello de Ames situados nas Oficinas Municipais do Milladoiro (Rúa de Abaixo, número 10) na Casa do Concello de Bertamiráns ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida de Azcárraga, número 5) en horario de 9.00h a 14.00 horas. O prazo de inscrición remata o sábado 22 de febreiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición.




