[12-02-2014] O Concello de Ames informa que xa está aberto o prazo de preinscrición para realizar os cursos de galego preparatorios para a obtención do Certificado de Lingua Galega nos niveis 1, 2, 3 e 4. A preinscrición poderá facerse ata as 14:00 horas do vindeiro 22 de febreiro. As persoas interesadas en realizar cursos de galego deberán presentar cuberto o impreso de preinscrición nalgún dos rexistros do Concello de Ames situados nas Oficinas Municipais do Milladoiro (Rúa de Abaixo, número 10) na Casa do Concello de Bertamiráns ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida de Azcárraga, número 5) en horario de 9.00h a 14.00 horas. O prazo de inscrición remata o sábado 22 de febreiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición.
Seguindo as indicacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), o Concello de Ames abre un prazo de preinscrición en cursos de lingua galega (CELGA) co fin de recoller a demanda existente no noso concello e trasladarlla a este organismo da Xunta de Galicia.
As persoas interesadas en realizar cursos de galego deberán presentar cuberto o formulario de preinscrición nalgún dos rexistros do Concello de Ames situados nas Oficinas Municipais do Milladoiro (Rúa de Abaixo, número 10) na Casa do Concello de Bertamiráns ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Avenida de Azcárraga, número 5) en horario de 9.00h a 14.00 horas. Os sábados unicamente permanecerá aberto o rexistro da Casa do Concello de Bertamiráns. O prazo de inscrición remata o sábado 22 de febreiro.
Neste momento cómpre unicamente indicar en cal das catro modalidades posibles están interesados/as (niveis 1, 2, 3 ou 4). Unha vez recollidas todas as preinscricións serán trasladadas á Secretaría Xeral para que determine o número, lugar e calendario definitivo de cursos que se van realizar. En ningún caso se vai convocar ningún curso que non reúnan un mínimo de 20 persoas preinscritas.
Unha vez pechado o calendario definitivo dos cursos, este publicarase na web da SXPL www.xunta.es/linguagalega e as persoas interesados deberán formalizar a matrícula. A SXPL indica indica no anuncio enviado aos concellos que os cursos que se convoquen terán lugar durante os meses de abril e maio.
Para obter máis información todos/as os/as interesados/as poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames a través do número de teléfono 981 884 991 ou chamando aos números de teléfono 981 184 898 - 981 182 350 do Gabinete de Normalización Lingüística da Provincia Coruña.




