Pestanas principais

O Concello de Ames abre novos viarios de servizo arredor do novo centro de saúde do Milladoiro

Venres, 05 de abril de 2019

O Concello de Ames está executando a escavación dos viarios de servizo do novo centro de saúde do Milladoiro. Estanse habilitando dous viarios:un que vai dende Travesía de Porto ao cruce de Agro do Medio con Agro da Madalena e outro que dá continuidade a rúa das Camelias. Estas obras, que teñen un custo de 35.211,46 euros, IVE incluído, están sendo executadas pola empresa Construcciónes Iglesias Mera S.L. Está previsto executar a escavación, pero de momento estes viarios non se pavimentarán. As obras consisten en acadar a rasante definitiva no entorno das obras do centro de saúde en dúas vías de nova apertura.

Dende o Concello de Ames está traballando para dotar á parcela do centro de saúde das infraestruturas necesarias, tales como accesos, abastecemento de auga, saneamento, subministración eléctrica, alumeado, telefonía, e a regulación do aparcamento na zona próxima ao centro de saúde e en colaboración coa Xunta de Galicia.

Deste xeito, estase executando a escavación dos viarios de servizo do novo centro de saúde do Milladoiro. Estanse habilitando dous viarios: un que vai dende Travesía de Porto ao cruce de Agro do Medio con Agro da Madalena e outro que dá continuidade a rúa das Camelias. Estas obras, que teñen un custo de 35.211,46 euros, IVE incluído, están sendo executadas pola empresa Construcciónes Iglesias Mera S.L.

Está previsto executar a escavación, pero de momento estes viarios non se pavimentarán. As obras consisten en acadar a rasante definitiva no entorno das obras do centro de saúde en dúas vías de nova apertura. Unha vez rematados estes traballos comezarase coa instalacións dos servizos de abastecemento de auga, saneamento, subministración eléctrica, alumeado, telefonía, etc. Estas infraestruturas deberán estar realizadas á entrada en funcionamento do centro de saúde.

Por outra banda, urbanizouse a beira oeste da Travesía do Porto o que permitiu abrir un acceso directo ao parque público verde do Milladoiro. Este proxecto, que foi adxudicado por un importe de 245.993 euros, foi sufragado a través dunha achega provincial de 2016 (antigo Plan de Acción Social) que está incluída dentro do POS+ 2017.

A través desta obra ampliouse a beirarrúa oeste que pasou a ter aparcamentos laterais de 2,5 metros, separados da calzada por unha rigola. Asemade, reformouse totalmente a beirarrúa oeste que se reparte en beirarrúa exterior (Camiño Portugués), de 3,30 metros, e beirarrúa interior de 2,60 metros de dimensión mínima, separadas ambas por aliñación de arboredo. A través desta actuación déuselle continuidade á zona urbana que ven dende a rúa Palmeiras e abriuse o parque verde público aos peóns que transitan pola Travesía do Porto.

Ligazóns

O Concello de Ames abre novos viarios de servizo arredor do novo centro de saúde do Milladoiro

Multimedia

  • O Concello de Ames abre novos viarios de servizo arredor do novo centro de saúde do Milladoiro
  • O Concello de Ames abre novos viarios de servizo arredor do novo centro de saúde do Milladoiro