Pestanas principais

O Concello de Ames abre hoxe o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas

Luns, 14 de maio de 2012

[14-05-2012] Os interesados poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. O único requisito imprescindible para conseguir este carné é estar empadroado no Concello de Ames.

Desde hoxe mesmo, xa se poden presentar as solicitudes de carnés para as piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. A Concellería de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado informa de que para solicitar a tarxeta de usuario é preciso presentar o impreso de solicitude cuberto, unha foto de carné e o resgardo de pagamento das taxas. O único requisito imprescindible para conseguir este abono é estar empadroado no Concello de Ames.

Os interesados en facerse co carné das piscinas descubertas municipais poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Cultura e Deportes de Bertamiráns (Pazo da Peregrina), en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos) que custará 20 euros; o individual (14 euros) e o abono de tempada para menores de idade (7 euros). Tamén haberá abonos mensuais (7 euros) e facilidades para familias numerosas e con poucos recursos.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Carnés para las piscinas de verano"
El Correo Gallego: "Ames abre o prazo para solicitar os carnés de usuario das piscinas municipais descubertas"