[06-05-2011] O Concello de Ames consciente da situación a que se enfronta o sector empresarial e o pequeno comercio en particular, encargou a elaboración dun estudio que analizase a situación deste sector. Co obxectivo de indicar as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas que presenta a actividade comercial no concello de Ames, realizouse un análise en profundidade para o cal unha das ferramentas empregadas consistiu na realización de 225 enquisas a comercios, 250 enquisas a clientes e entrevistas en profundidade ás asociacións de empresarios e comerciantes, rexistradas no noso concello. Esta semana o Concello puxo a disposición dos comerciantes e das asociacións de comerciantes e empresarios o devandito estudio que poden atopar accedendo á web municipal.
O estudio do comercio que realizou o Concello de Ames xa está dispoñible e pode ser consultado por todos os comerciantes de Ames na web municipal www.concellodeames.org. O Concello de Ames para facer fronte aos cambios que se están a producir nos últimos anos, veu necesario a elaboración dun diagnóstico e dun plan de acción sobre o comercio que existen no termo municipal amiense.
A diagnose e o Plan de Acción Comercial de Ames, ten entre outros obxectivos, o de identificar as posibles carencias coas que conta o pequeno comercio do concello, de xeito que se propoñen as solucións máis axeitadas, e que aplicadas dunha forma coherente e progresiva, favorecerán un comercio axeitado á demanda existente, así como se propoñen as mellores medidas para que o comercio de Ames evolucione nas condicións máis vantaxosas.
Debullado por sectores este estudio recolle información sobre as características do sector comercial, o asociacionismo, os hábitos de consumo da poboación residente e a valoración da clientela sobre as distintas tipoloxías comerciais. Para a realización da diagnose do sector comercial no concello de Ames, realizáronse un total de 250 enquisas á clientela e 225 enquisas aos comerciantes, divididas entre as dúas zonas comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro.
Ademais, para a elaboración e deseño das liñas de actuación do Plan de Acción, realizáronse entrevistas aos axentes implicados como son o persoal da Concellaría de Promoción Económica, á Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), á Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) e á Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro.
O estudio está elaborado en base a cinco puntos principais como son a oferta comercial, a demanda comercial, a problemática comercial, o asociacionismo e a análise DAFO. A partir destes datos a empresa Proxectos ditou unhas liñas estratéxicas que deberían servir de folla de ruta para todas as entidades e axentes implicados. Segundo se desprende deste estudo en Ames existen un total de 749 establecementos comerciais. A zona comercial do Milladoiro é que concentra a maior parte do tecido comercial.
Sabedores da importancia do comercio retallista como impulsor da vida social, cultural e económica do concello de Ames, e como actores principais do devandito documento, durante esta semana comunicóuselle aos comerciantes e as asociacións de comerciantes e empresarios que teñen a súa disposición o estudio completo na paxina web do concello www.concellodeames.org. A ligazón do estudio do comercio atópase na páxina principal da web municipal, debaixo da sección de enquisa.
A nova noutros medios dixitais:
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Un estudio analiza la situación y retos del comercio de Ames"




