Pestanas principais

O Concello conmemora o Día Internacional das Mulleres cun acto de homenaxe á poeta de Ames, Filomena Fraga

Luns, 05 de marzo de 2018

[05-03-2018] O Concello conmemora o Día Internacional das Mulleres cun acto que se desenvolverá este xoves, 8 de marzo, ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. En dito acto faráselle un acto de homenaxe a poeta de Ames, Filomena Fraga. O propio día 8 de marzo, ás 12:00 horas, tamén se dará lectura á declaración institucional acordada pola corporación municipal con motivo do 8 de marzo. Asemade, o Concello de Ames secunda a convocatoria de folga de dúas horas, de 12:00 a 14:00 horas, e apoia a concentración que convocou o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal. Deste xeito, convida a todas aquelas mulleres, que queiran participar, a que acudan a diante da Casa do Concello e ás Oficinas xerais do Milladoiro.


O Concello de Ames está organizando un acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres, no que se lle fará un acto de homenaxe á poeta de Ames, Filomena Fraga. Dito acto celebrarase o xoves, 8 de marzo, ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Haberá actuacións musicais a cargo das pandereteiras do programa Amessan. Ademais, intervirán diferentes persoas que teñen unha especial vinculación coa poeta homenaxeada.

Asemade, o día 8 de marzo, ás 12:00 horas, darase lectura á declaración institucional acordada pola corporación municipal con motivo do Día Internacional das Mulleres. Dende o Concello de Ames tamén secundan a convocatoria de folga de dúas horas, de 12:00 a 14:00 horas, e apoian a concentración que convocou o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal. Deste xeito, convida a todas aquelas mulleres, que queiran participar, a que acudan a diante da Casa do Concello e ás Oficinas xerais do Milladoiro.

Por último, e tamén dentro da programación de actividades con motivo do 8 de marzo, vaise a representar a obra de teatro A cousa de Bernarda Alba, de Martabelas, este mércores, 7 de marzo, ás 19:30 horas, no auditorio da Casa Cultura do Milladoiro. Tamén se contará cona actuación das pandereteiras do programa Amessan.

A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, anima a todos os veciños e veciñas de Ames a que acudan a estas iniciativas en prol da igualdade das mulleres. Ademais, convida á veciñanza ao acto que se celebrará o xoves, ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina, no que se lle fará un “merecido acto de recoñecemento a unha das nosas máis ilustres mulleres, Filomena Fraga, autora da obra A Cancela, que viu a luz por primeira vez en 1995”.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "La poetisa Filomena Fraga será homenajeada en el Día Internacional de la Mujer"
El Correo Gallego: "Un 8 de marzo deseñado para avanzar cara a igualdade real"
Ames Go: "Filomena Fraga, protagonista do 8 de marzo"