Pestanas principais

O Concello condena o acto vandálico a través do cal romperon os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro

Xoves, 06 de novembro de 2025

Durante esta pasada fin de semana algunha persoa incívica ou grupo de persoas lanzaron pedras contra os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro provocando a rotura de ditos cristais. Este acto vandálico púxose en coñecemento da Garda Civil do Milladoiro e vaise presentar a correspondente denuncia. Dende o goberno municipal condenan este acto incívico que suporá un gasto de 1.900 euros de fondos públicos de todos os veciños e veciñas de Ames. Debido a este incidente a pista de pádel estará fóra de servizo ata que se poida arranxar.

O Concello de Ames condena o acto vandálico a través do cal unha persoa ou un grupo de persoas incívicas romperon os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro, que está situada na zona norte de dita localidade, nunha parcela que se atopa entre as rúas do Muíño Vello e do Buxo. O Concello de Ames conta con tres pistas municipais de pádel: no Milladoiro, Bertamiráns e na urbanización de Aldea Nova.

O lanzamento de pedras provocou a rotura de dous cristais da pista, deixándoa fóra de servizo dende este pasado luns 3 de novembro. Tralo incidente foi sinalizado con cintas por parte da Policía local para evitar danos por parte de persoas que pasen pola zona. Dende o goberno municipal condenan este acto incívico que suporá un gasto de 1.900 euros de fondos públicos de todos os veciños e veciñas de Ames. Debido a este incidente a pista de pádel estará fóra de servizo ata que se poida arranxar.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “é responsabilidade de todos e todas coidar as nosas instalacións deportivas municipais. Ante este acto vandálico faise un chamamento ao civismo e pídese facer un bo uso de ditas instalacións. Vaise a poñer a correspondente denuncia e oxalá se saiba quen foi o autor ou autores deste acto vandálico para que non quede impune”.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Destrozan en un acto vandálico varios paneles de la pista de pádel de O Milladoiro"

El Correo Gallego: "Destrozan a pedrados los cristales de la pista de pádel de Milladoiro"

Diario de Compostela: "Vandalizan la pista de pádel de Milladoiro tirándole piedras"

Lindeiros: "Rompen os vidros da pista de pádel do Milladoiro, en Ames"

Xornal de Compostela: "O Concello de Ames denuncia un acto vandálico na pista municipal de pádel do Milladoiro"

O Concello condena o acto vandálico a través do cal romperon os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro

Multimedia

  • O Concello condena o acto vandálico a través do cal romperon os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro
  • O Concello condena o acto vandálico a través do cal romperon os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro