Pestanas principais

O Concello colabora con SOGAPS na recollida de alimentos, medicación e material sanitario para o pobo saharauí

Venres, 23 de agosto de 2024

O Concello de Ames colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí na campaña de recollida de alimentos, medicación e material sanitario para o pobo saharauí. As entregas poderanse facer ata o xoves 29 de agosto, en horario de mañá, na Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro. Para máis información pódese contactar coa delegada da comarca de Santiago, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945. Precísanse alimentos de primeira necesidade como arroz, lentellas ou aceite, así como medicación oral, pomadas e medicación inxectable. Tamén se poden facer donativos a través da conta bancaria: ES48 2080 5056 1130 4006 3331.

O Concello de Ames volve a colaborar un ano máis coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) nunha campaña solidaria. Desa volta é para a recollida de alimentos, medicación e material sanitario para o pobo saharauí. A comisión sanitaria de SOGAPS vai realizar unha nova misión nos campamentos de refuxiados saharauís a comezos de decembro.

Dende dita asociación destacan que se precisa glucómetros, tiras, lancetas e pilas de botón; instrumental para curas; streptotest, test de ouriños e test de embarazo; aspiradores de secrecións infantil; auga osixenada, alcol, betadine, clrohexidina; suturas e tiras de aproximación; luvas estériles tallas 6.5, 7 e 7.5; batas e campos estériles talla L e XL.

Tamén se solicita medicación oral: analxésicos,antiinflamatorios, amoxicilina 500 mg (tamén en suspensión infantil e intravenoso), xaropes antitusivos e mucolíticos, metformina, captopril, ennalapril, antihistamínicos, vitaminas, ferro, soro oral, colirios e gotas de oídos; pomadas: corticoides, antibióticas, antiinflamatorias, antifunxicas, para queimaduras, eritromicina para os ollos, etc.

Por último, solicítase medicación inxectable: anestesia local (lidocaina, mepivacaína sen vasoconstríctor); analxésicos; antiinflamatorios; corticoides; antibióticos; metoclopramida (primperán); ranitidina; buscapina; e insulina.

Así mesmo, tamén puxeron unha campaña de recollida de alimentos de primeira necesidade. Desde a asociación solicitan mel, lentellas, aceite de oliva virxe, arroz, azucre, e latas de atún e sardiñas.

Como podemos colaborar?
Pódese colaborar se tes material e alimentos (non caducado) ou queres facer unha compra de medicación sen receita. Outra opción é colaborar cun donativo económico para que dende SOGAPS realicen a compra de dito material sanitario. O número da conta bancaria da asociación é: ES48 2080 5056 1130 4006 3331. No concepto hai que poñer “Comisión sanitaria”.

Lugares de recollida en Ames
Pódense facer as entregas, en horario de mañá, na Casa do Concello, en Bertamiráns, e/ou nas oficinas de Servizos Sociais no Milladoiro. Para máis información pódese contactar coa delegada da comarca de Santiago, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Llaman a la donación de fondos, medicinas y alimentos para el pueblo saharaui desde la capital de A Maía"

O Concello colabora con SOGAPS na recollida de alimentos, medicación e material sanitario para o pobo saharauí

Multimedia

  • O Concello colabora con SOGAPS na recollida de alimentos, medicación e material sanitario para o pobo saharauí