Pestanas principais

O Concello celebra o pleno ordinario de decembro o martes 12 de xaneiro

Luns, 11 de xaneiro de 2016

[11-01-2016] Este martes, 13 de xaneiro de 2016, celebrarase na Casa do Concello de Ames o pleno ordinario do mes de decembro de 2015. Os voceiros dos grupos municipais amesáns chegaran a un acordo para aceptar a proposta do goberno de modificar a data do pleno ordinario dese mes, que se tería celebrado o día 31.

O pleno comezará dando conta ao pleno da corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenario ordinaria. A continuación aprobaranse, se procede, as actas de plenos anteriores.

Este martes 12 presentarase, ademais, a proposta de candidatura do Concello de Ames á primeira convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano, sostible e integrado pola que se busca optar a unha subvención concedida polo programa europeo FEDER, de desenvolvemento sostible. A semana pasada o goberno municipal xa dera a coñecer aos membros dos concelleiros municipais da oposición o primeiro borrador da candidatura, presentada baixo o nome Ames 2020. Na xuntanza déronse a coñecer as principais liñas estratéxicas do proxecto.

Para control de goberno deliberaranse seis mocións presentadas nos meses de outubro e novembro, que debido á falta de tempo non puideran ser apropiadamente sopesadas e sometidas a votación en plenos anteriores. O grupo municipal do BNG presentara dúas mocións, unha nun dos plenos ordinarios de outubro e outra nun dos plenos de novembro, o grupo municipal do PP presentou unha moción de urxencia en outubro de 2015 que será revisada este 12 de xaneiro, o grupo municipal Ames Novo volverá presentar unha moción que levara a un dos plenos do mes de outubro e os grupos de Ciudadanos e Contigo Pódese presentarán sendas mocións que databan do mes de novembro no momento no que foran levadas a pleno ordinario.

Contido relacionado


La Voz de Galicia:"Ames celebra el pleno anulado porque coincidía en Nochevieja"