Pestanas principais

O Concello asigna preto de 50.000 euros para os clubs e asociacións deportivas de Ames

Xoves, 05 de maio de 2016

[05-05-2016] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as contas xustificativas presentadas polas asociacións e clubs deportivos beneficiarias de axudas dentro da convocatoria de subvencións para promoción de actividades deportivas celebradas no exercicio 2015. Trala aprobación da xustificación, nas vindeiras semanas o Concello de Ames realizará o pagamento dun total de 49.806,96 euros entre 20 entidades municipais.

Cómpre lembrar que na Xunta de Goberno Local, celebrada o 15 de maio do pasado ano 2015, deuse aprobación ás bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades deportivas celebradas no exercicio 2015. Posteriormente, xa co novo goberno municipal, o pasado 10 de decembro de 2015, a Xunta de Goberno aprobou o reparto de achegas con cargo a esta convocatoria de axudas.

Agora, tendo en conta que as entidades solicitantes achegaron toda a documentación xustificativa esixida polas bases reguladoras da convocatoria, e revisada polo departamento municipal de Deportes, a Xunta de Goberno Local acordou aprobar o pagamento destas subvencións. Deste xeito, nas vindeiras semanas o Concello de Ames ingresará un total de 49.806,96 euros entre 20 entidades municipais.

As asociación beneficiarias son a Asociación Galega de Ciclistas, que recibirá 599,42 euros; O CD Karate Ames que disporá de 1.627,19 euros; o Biduído SR ao cal lle corresponden 1.200,09 euros; o Club Atletismo MillaRaio que percibirá 7.043,80 euros; o XL Milladoiro que recibirá 660,36 euros; a AD Val da Maía, que ingresará outros 1.003,74 euros; o Club de patinaxe Sarela disporá de 2.799,91 euros; o Don Budi CF recibirá 766,01 euros; ao Club de piragüismo Ribeiras do Tambre correspóndenlle 7.043,80 euros; e ao Bugallido FC terá unha axuda de 2.128,99 euros.

Por outra banda, o CF Agrón disporá de 2.128,99 euros; o Club Atlético Bertamiráns levará unha axuda de 653,66 euros; o Club atletismo Sar recibirá 3.037,64 euros; o Club ciclista Repeitiños da Capilla terá 162,01 euros; o Club baloncesto Ames disporá de 607,53 euros; ao Ortoño CF correspóndenlle 1.458,07 euros; o Club patinaxe artística Omega disporá de 6.101,69 euros; a sociedade caza e pesca Azor terá 3.708,56 euros; o Club Millarengo cultura recibirá 4.930,66 euros; e o Club ciclista Ames disporá de 2.443,32 euros.

O alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, explica que "nas vindeiras semanas estas vinte asociacións recibirán os importes que lle foron concedidos a través desta liña de axudas públicas. Ademais, xa estamos traballando na convocatoria de axudas correspondente ao ano 2016".

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Los clubs y asociaciones deportivas van a recibir en ayudas menos de 50.000 euros"